Samuel Eto'o
futbolista camerunés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Samuel Eto'o Fils, nado o 10 de marzo de 1981 en Douala, é un ex-futbolista camerunés. Xogaba de dianteiro e é coñecido por xogar no FC Barcelona e no UC Sampdoria. Ten tamén pasaporte español, permitíndolle xogar na Unión Europea sen contar coma xogador estranxeiro.
Samuel Eto'o | |||
---|---|---|---|
Eto'o en 2011. | |||
Información persoal | |||
Nome | Samuel Eto'o Fils | ||
Nacemento | 10 de marzo de 1981 (43 anos) | ||
Lugar de nacemento | Douala | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Sampdoria | ||
Número | 99 | ||
Carreira xuvenil | |||
1992–1997 | Kadji Sports Academy | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1997–2000 | Real Madrid | 3 | (0) |
1997–1998 | → Leganés (cedido) | 30 | (4) |
1999 | → Espanyol (cedido) | 0 | (0) |
2000 | → Mallorca (cedido) | 19 | (6) |
2000–2004 | Mallorca | 120 | (48) |
2004–2009 | Barcelona | 145 | (108) |
2009–2011 | Inter de Milán | 67 | (33) |
2011–2013 | Anzhi Makhachkala | 53 | (25) |
2013–2014 | Chelsea | 21 | (9) |
2014–2015 | Everton | 14 | (3) |
2015– | Sampdoria | 0 | (0) |
Selección nacional | |||
2000 | Camerún sub-23 | 6 | (1) |
1997–2014 | Camerún | 118 | (56) |
Na rede | |||
http://www.samueletoo-officiel.com | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 27 de xaneiro de 2015. Selección: actualizado a 27 de xaneiro de 2015.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Eto'o marcou máis de 100 goles en cinco tempadas co FC Barcelona, e é ademais o xogador africano con maior número de partidos xogados na Primeira división española de fútbol.[1] No ano 2010, converteuse no primeiro xogador en conseguir dous tripletes consecutivos en Europa, co Barcelona e co Inter de Milán. É o segundo xogador en anotar en dúas finais da Liga de Campións da UEFA, e o cuarto xogador, tras Marcel Desailly, Paulo Sousa e Gerard Piqué, en gañar dúas Ligas de Campións consecutivas con diferentes equipos.[2] Conseguiu o premio ó mellor xogador africano do ano en catro ocasións: 2003, 2004, 2005 e 2010.
Coma membro da selección do Camerún, foi parte do equipo que gañou o torneo olímpico de Sidney 2000. Participou ademais en tres mundiais de fútbol e en seis copas de África, sendo campión dúas veces. É ademais o máximo anotador da historia da Copa de África, con 18 goles.
En setembro de 2019 anunciou a súa retirada do fútbol profesional após xogar 586 partidos en clubs e marcar máis de 400 goles entre selección e clubs.