club de fútbol italiano da cidade de Xénova From Wikipedia, the free encyclopedia
A Unione Calcio Sampdoria é un club de fútbol de Italia, da cidade de Xénova. Foi fundado en 1946, froito da fusión da Sampierdarenese e a Andrea Doria, dous antigos equipos xenoveses dos que adoptou a combinación de cores da súa camiseta. Xoga na Serie A italiana.
Sampdoria | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Unione Calcio Sampdoria S.p.A. | |||
Alcume(s) | Blucerchiati; Samp; Doria | |||
Fundación | 1 de agosto de 1946 (78 anos) | |||
Estadio | Stadio Luigi Ferraris, Xénova, Italia | |||
Inauguración | 1989 | |||
Capacidade | 36.536 | |||
Presidente | Edoardo Garrone | |||
Adestrador | Siniša Mihajlović | |||
Liga | Serie A | |||
2016–17 | 10º | |||
Na rede | ||||
http://www.sampdoria.it/ | ||||
| ||||
Desde a súa fundación, a Sampdoria conquistou un Scudetto, catro Copas de Italia, unha Supercopa e unha Recopa de Europa, o único trofeo internacional que posúe o club. Con todo, o momento álxido do equipo xenovés chegou en 1992 cando, tras gañar a liga italiana, alcanzou a final da Liga de Campións da UEFA que perdeu fronte ao FC Barcelona. Tamén perdeu contra o Barcelona unha Recopa, en 1989, un ano antes de gañar devandito torneo.
O seu máximo rival é o Genoa, equipo co que protagoniza o Derbi della Lanterna (nome dado pola Torre della Lanterna), no Estadio Luigi Ferraris.
A Unione Calcio Sampdoria nace o 1 de agosto de 1946 da unión de dous equipos da cidade, Società Sampierdarenese e Andrea Doria. Ese mesmo ano debuta na Serie A. Na tempada 90-91 obtén o seu primeiro e único scudetto. A tempada seguinte, chegaría á final da Copa de Europa disputada no Estadio Wembley, na que caeu pola mínima 1-0 ante o FC Barcelona de Johan Cruyff.
Estadio Luigi Ferraris, fundado en 1989, con capacidade para 38.879 persoas. Foi construído para ser usado na Copa Mundial de Fútbol de 1990. Ten unhas dimensións de 106 x 68 metros.
Actualizado o 26 de xaneiro de 2012
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.