Salustiano Vidal Lores, nado en Fefiñáns (Cambados) o 4 de febreiro de 1850 e finado no mesmo concello o 8 de xuño de 1930, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de febreiro de 1850 Fefiñáns, España |
Morte | 8 de xuño de 1930 (80 anos) Fefiñáns, España |
Alcalde de Meis | |
1908 – 1923 | |
Alcalde de Cambados | |
1895 – 1901 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Fillos | Juan Eugenio Vidal Fraga |
Fillo de Juan Vidal Fraga e Mercedes Lores Berta. Emigrou moi novo a Arxentina onde amansou un considerábel capital. Retornou a Galicia cara a 1885 e mercou o pazo de Caticovas en Nogueira e unha casa na vila de Cambados. Foi administrador dos Marqueses de Santa María del Villar. Foi alcalde de Cambados por Real Orde en xullo de 1895,[1] e volveu ser nomeado alcalde por Real Orde en xuño de 1897,[2] e novamente en xullo de 1899.[3] En 1909 foi elixido alcalde de Meis.[4] Tivo a oposición dos agrarios encabezados por Ramón Salgado Pérez que o acusaron de actividades caciquís. Coa chegada da ditadura de Primo de Rivera cesou no cargo.
Casou en primeiras nupcias con Matilde Oubiñas Preciado na Arxentina, e foi pai de Salustiano e Pío Vidal Oubiñas, que finou en 1909 con 22 anos.[5] Logo de enviuvar en 1895 volveu casar en 1900 con Encarnación Fraga Padín, filla de Eugenio Fraga Mascató, e foi pai de Carmelo Antonio e Juan Eugenio Vidal Fraga.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.