From Wikipedia, the free encyclopedia
A Salamandra atra é un anfibio urodelo da familia dos salamándridos.[1][2] [3]
Salamandra atra | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Salamandra atra Laurenti, 1768 | |||||||||||||||||||||||
Distribución de Salamandra atra |
Esta salamántiga pode medir ata 16 cm e é dunha cor negra brillante, aínda que ocasionalmente pode ser apardazada.[3]
Posúe glándulas velenosas na zona dorsal a modo de protección contra os depredadores.[4]
Os machos son máis pequenos cás femias: as dimensión máximas son 144 mm para os machos, e ata os 151 mm para as femias.[5]
Vive normalmente en bosques, pero tamén por riba do límite das árbores, en praderías alpinas,[3] e montañas de rochas calcarias da zona dos Alpes e os Balcáns, entre os 700 e os 2 800 m de altitude.[6]
Pode encontrarse en Albania, Alemaña, Austria, Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia, Francia, Italia, Liechtenstein, Montenegro, Serbia e Suíza.[6]
Normalmente agóchase baixo pedras, toros de árbores e buratos que reteñan a humidade.[3]
Ten a mesma dieta cá salamántiga común, e aliméntase tamén de artrópodos de movemento lento, vermes e moluscos que caza, sobre todo, pola noite. Durante o día, só sae despois da choiva.
A salamántiga alpina ten unha maneira especial de ter as crías. A femia é fecundada en terra seca, como a salamántiga común, pero xestación dura 2 anos ou mesmo máis tempo.
A fase larvaria ten lugar no interior da femia, dentro dos ovidutos., polo que as crías nacen xa metamorfoseadas
O parto prodúcese de novo en terra seca. As crías, dúas por camada, por termo medio, saen polo tanto totalmente formadas e miden ao redor de 4 cm.[7] Excepcionalmente a camada pode chegar até catro crías.[3]
A especie foi descrita en 1768 polo médico e naturalista austríaco Josephus Nicolaus Laurenti, na súa obra:
Laurenti, J. N. (1768): Specimen medicum, exhibens synopsin reptilium emendatam cum experimentis circa venena et antidota reptilium austriacorum. Vienna: Joan Thomae, pp. 1–217 (Ler o texto íntegro).
O epíteto específico, atra provén do adxectivo latino ater, atra, atrum, "negro" ou "escuro", en referencia á súa cor.
Recoñécense catro subespecies:[6][8]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualificou en 2009 o estado de conservación da esprecie como LC (pouco preocupante), cuaificación quje se mantén a día de hoxe, debido á súa ampla área de distribución, a tolerancia en certa medida á modificación do seu hábitat, á presumíbel gran poboación, e porque é pouco probable que esta estea declinando rapidamente como para cualificar o seu estado nunha categoría ameazada.[6]
Porén, a subespecie Salamandra atra aurorae cualifícase en perigo crítico porque a súa área de dispersión é probablemente de menos de 100 km2, todos os idividuos poden estar nun só lugar, e continúa o declive da calidade do seu hábitat no Altopiano dei Sette Comun, nos preralpes italianos.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.