anfibio común en Europa From Wikipedia, the free encyclopedia
A píntega común[1] ou salamántiga[2] (Salamandra salamandra) é un anfibio urodelo común en Europa con preferencia por hábitats acuáticos de media e alta montaña, ecoloxicamente pouco alterados.
Píntega común | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Salamandra salamandra (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Distribución en Europa | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Ao longo do territorio galego recibe tamén os nomes vulgares de salamanca[3], pinchorra[4], sacabeira[5], sapagueira[6], sacarrancha[7] ou saramaganta[8].
Normalmente sae do seu acocho cando o tempo é frío e húmido. Adoita ser vista nos camiños, ás veces agóchase baixo as pedras. A súa lonxitude é de 20 cm como máximo.
É doado recoñecelas pola cor da pel, negra con pintas amarelas. Para evitar seren atacadas por outros animais, a súa pel contén pequenas cantidades de substancias tóxicas (pezoña).
A píntega ou salamántiga común ten unha subespecie de seu en Galicia, a Salamandra salamandra gallaica.
O imaxinario tradicional esaxera o carácter pezoñento da píntega, pero non só en Galicia. Xa na Idade Media, Hugo de San Víctor escribe -supostamente- o texto De bestiis et aliis rebus [9]. Neste tratado asegúrase que o veleno da píntega era o máis forte de tódolos animais pezoñosos: mentres que estes poden ferir máis ou menos á xente, unha píntega pode matar a varios homes.
Se te morde a salamántiga, que che fagan logo a cama
Crese que a píntega pode transmitir un aire particular, tanto por contacto como polo seu bafo. Incluso abonda con miralo, e só con iso xa pode provocar dores de cabeza e vertixes. Algúns din que o brazo ou perna que chegue a tocar a píntega pode terminar apodrecendo.
Provoca un proído intenso, contra o que se poden aplicar numerosos remedios tradicionais. Algún destes inclúen utilizar o propio animal, e así, en Ponte Caldelas, por exemplo, hai que coller unha píntega, queimala e aplicar a cinsa na zona infectada. En Oímbra hai que cravar o animal nun pau e este nunha árbore: segundo morre a píntega, vai desaparecendo a pezoña. Outro remedio consiste en matar unha, enterrala en area grosa e colocar tres pedras sobre o corpo; á vez que se fai isto, cóbrese a lesión cunha camisa e rézanse algunhas oracións, e ó quitar a camisa estará curada.
No Irixo enchen unha cunca de barro con aceite de oliva e meten dentro unha corda de esparto. Cando esta está ben embebida de aceite, rodéase con ela a lesión e rézase un ensalmo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.