Salman Amin Khan, nado en Nova Orleáns o 11 de outubro de 1976, é un profesor, informático, enxeñeiro eléctrico e matemático estadounidense, que en setembro de 2006 creou unha organización de aprendizaxe electrónica de educación gratuíta chamada Khan Academy,[1] que produciu máis de 6500 leccións en vídeo sobre diferentes materias académicas, centrándose orixinariamente en matemáticas e ciencias.[2] Recibiu o Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional en 2019.[3]

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Infotaula de personaSal Khan
Thumb
(2011) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Salman Khan Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de outubro de 1976 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Metairie, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMountain View Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Grace King High School (en) Traducir
University of New Orleans (en) Traducir
Universidade Harvard
Harvard Business School (pt) Traducir
Universidade de Edimburgo Editar o valor en Wikidata
Director de teseMarcelo Hehl Cintra (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , matemático , youtubeiro , escritor , emprendedor , produtor de televisión Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Participou en
World Government Summit 2014 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

LinkedIn: khanacademy TED: salman_khan Editar o valor en Wikidata
Pechar

En 2012, a revista Time nomeouno na súa listaxe anual das 100 persoas máis influentes do mundo.[4] O mesmo ano apareceu na portada de Forbes.[5]

Traxectoria

Salman Khan naceu en Luisiana no seo dunha familia bengalí.[6] O seu pai era de Barisal (Bangladesh), e a súa nai era de Murshidabad, Bengala Occidental (India).[6][7] Asistiu á escola pública Grace King High School en Metairie, Louisiana, onde, como lembra, "algúns compañeiros de clase saían do cárcere e outros ía as mellores universidades".[8] Traballou como debuxante no xornal do instituto[9] e graduouse como mellor alumno en 1994.

Khan realizou estudos no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, onde obtivo se graduou cun Bachelor of Science e un Master of Science no Curso 6 (enxeñaría eléctrica e ciencias da computación) e outro no Curso 18 (matemáticas), en 1998.[10] Foi presidente da clase no seu último ano.[11] Tamén posúe un mestrado en administración de empresas pola Harvard Business School.[12][13]

A idea de Khan Academy xurdiu mentres procuraba a maneira de axudar a súa prima Nadia en 2004.[14][15][16] Cando outros parentes e amigos pediron a súa axuda moveu os seus tutoriais de Yahoo! a YouTube onde creou unha conta o 16 de novembro de 2006.[17] A popularidade dos seus vídeos educativos levouno a abandonar o seu traballo como analista financeiro a finais de 2009.[18]

A Academia é unha organización sen fins de lucro que ten como obxectivo cambiar a educación compartindo coñecementos para calquera persoa en calquera lugar; os recursos da páxina están dispoñibles na súa totalidade de xeito gratuíto.[19]

Vida persoal

Khan está casado coa médica paquistaní Umaima Marvi. A parella vive cos seus fillos en Mountain View, California.[20][21][22]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.