SWIFT
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Society for Worldwide Interbank Financial Telecommunication (SWIFT) (en galego, Sociedade para as Telecomunicacións Financeiras Interbancarias Mundiais), legalmente S.W.I.F.T. SCRL, proporciona unha rede que permite ás institucións financeiras de todo o mundo enviar e recibir información de transaccións financeiras nun contorno seguro, estandarizado e fiábel. SWIFT tamén vende software e servizos a institucións financeiras, a maioría para usar na rede SWIFTNet, e Códigos de Identificación de Negocios ISO 9362 (BICs, antes Códigos de Identificación de Banco), popularmente coñecidos como "códigos SWIFT".
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión. (Desde setembro de 2021.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
S.W.I.F.T. SCRL | |
---|---|
Tipo | Cooperativa |
Fundación | 3 de maio de 1973 (51 anos) |
Localización | La Hulpe, Bélxica |
Persoas clave | Javier Perez-Tasso, Director xeral Yawar Shah, Presidente do consello de dirección |
Industria | Telecomunicacións |
Produtos | Telecomunicacións financeiras |
Número de empregados | > 3 000 |
Na rede | |
http://www.swift.com/ e https://www.swift.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 2018, arredor da metade dos pagos transfronteirizos de valor elevado de todo o mundo usaron a rede da SWIFT.[1] En 2015, SWIFT conectou a máis de 11 000 institucións financeiras en máis de 200 países e territorios, que intercambiaron unha media de máis de 32 millóns de mensaxes ao día (comparado a unha media de 2,4 millóns de mensaxes diarias en 1995).[Cómpre referencia] SWIFT transporta mensaxes financeiras dun xeito altamente seguro, pero non se responsabiliza dos seus membros nin realiza ningún tipo de compensación ou liquidación.
SWIFT non realiza transferencias de fondos: o que fai é enviar ordes de pago, que deben estar respaldadas polas contas correspondentes que as institucións teñen unhas con outras. Cada institución financeira, para intercambiar transaccións bancarias, ten que ter unha relación bancaria sexa un banco ou sexa estando afiliado con un (ou máis), para así poder gozar daquelas características empresariais particulares.
SWIFT recibe críticas pola súa ineficiencia a raíz dunha información do Financial Times que observou en 2018 que a miúdo as transferencias "pasan por múltiples bancos antes de chegar ao seu destino final, facendo que sexan un gasto de tempo, custosas e con falta de transparencia en como o diñeiro chega ao outro extremo".[1] SWIFT presentou o seu propio servizo mellorado chamado Global Payments Innovation (GPI), declarando que en 2018 fora adoptado por 165 bancos e completaba a metade dos seus pagos en menos de 30 minutos.[1]
SWIFT é unha sociedade cooperativa segundo a lei belga propiedade das institucións financeiras membros e con oficinas en todo o mundo. A sede central de SWIFT está en La Hulpe, Bélxica, preto de Bruxelas. O edificio principal foi deseñado por Ricardo Bofill Taller de Arquitectura e rematouse en 1989.[2] O presidente do consello de dirección de SWIFT é o paquistaní[3] migrado nos EUA Yawar Shah,[4] e o seu CEO, dende xullo de 2019, é o español migrado en Bélxica Javier Pérez-Tasso.[5] SWIFT celebra unha conferencia anual, chamada Sibos, dirixida á industria de servizos financeiros.[Cómpre referencia]
SWIFT estivo en varias ocasións no centro da polémica por permitir ao goberno dos EUA monitorizar, e nalgúns casos mesmo interferir, transaccións intra-europeas.