STS-92
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
STS-92 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 11 de outubro de 2000 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral. Marcou o centésimo voo dun transbordador.[2][3][5][6]
STS-92 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-92. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 11 de outubro de 2000, 23:17 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 12,90 días[6] |
Obxectivo da misión | Construción e provisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6] |
Regreso | 24 de outubro de 2000[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 2000-062A |
STS-92, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para continuar a construción da Estación Espacial Internacional e provisionala con subministracións. Levou a viga Z1, varios xiroscopios, un adaptador de acoplamento e dous radiadores á estación. A tripulación fixo un total de catro paseos espaciais e antes de partir a Discovery elevou a órbita da estación cos seus propulsores.[3][5][6][7]
A tripulación estaba formada polo comandante Brian Duffy, a piloto Pamela A. Melroy e os especialistas de misión Koichi Wakata, Leroy Chiao, Peter J. K. Wisoff, Michael López-Alegría e William S. McArthur.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 24 de outubro de 2000.[3][5][6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.