enfermidade infecciosa de transmisión sexual From Wikipedia, the free encyclopedia
A sífilis ou lúes é unha enfermidade infecciosa de transmisión sexual. Tamén se coñece como gálico ou morbo gálico, así como mal cativo [1], mal francés, mal español ou mal ruín.
Sífilis | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Treponema pallidum | |
ICD-10 | A50-A53 |
ICD-9 | 090-097 |
DiseasesDB | 29054 |
MedlinePlus | 000861 |
eMedicine | emerg/563 derm/413 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A enfermidade está producida pola Treponema pallidum, unha espiroqueta (con forma de fío en espiral) pertencente á orde Spirochetales, familia Treponemataceae. Esta bacteria mide de 0,1 a 0,2 micrómetros de grosor e entre 5 e 15 micrómetros de lonxitude.
A sífilis transmítese por contaxio directo, a través de relacións sexuais (sífilis adquirida). Tamén se pode difundir da nai ao feto por medio da placenta, neste caso dáselle o nome de sífilis conxénita[2].
1º Fase Logo dun período de incubación de 10 días a 6 semanas (a media son 3 semanas), no sitio de inoculación -a boca, o pene, a vaxina ou o ano- preséntase unha bocha non dolorosa que rapidamente se ulcera, converténdose nunha chaga circular ou ovalada de bordo avermellado, parecida a unha ferida aberta, chamada chancro. É característica a súa consistencia cartilaxinosa, con base e bordos duros. Nesta fase tamén aparecen adenopatías [3] rexionais.
2º Fase Pode presentarse medio ano logo da desaparición do chancro e dura de tres a seis meses, provocando ronchas rosáceas indoloras chamadas cravos sifilíticos nas palmas das mans e plantas dos pés (aínda que ás veces poden aparecer noutros sitios como peito, cara ou costas), febre, dor de garganta e de articulacións, perda de peso, caída de cabelo, cefaleas e falta de apetito. Non é común que as lesións na muller sexan tan visibles. Ás veces brotan ao redor dos xenitais e ano unhas erupcións planas chamadas condiloma latum.
3º Fase Na terceira fase (chamada tamén fase final), a sífilis vólvese espertar para atacar directamente ao sistema nervioso ou algún órgano. Nesta fase prodúcense os problemas máis serios e pode chegar a provocar a morte. Algúns dos síntomas son trastornos oculares, cardiopatías, lesións cerebrais, lesións na medula espinal, perda de coordinación das extremidades, aneurisma sifilítico ou luético etc.
A tolemia causada pola sífilis na súa última etapa foi algunha vez o tipo de demencia máis común.
Antigamente tratábase con mercurio, o cal fixo famosa a frase Unha noite con Venus e unha vida con Mercurio, pero este tratamento era máis tóxico que beneficioso e na actualidade utilízase a penicilina e outros antibióticos. Pódese curar facilmente con antibióticos durante a fase primaria e secundaria. A penicilina tamén actúa na última etapa aínda que nese caso debe ser penicilina g-sódica, xa que é a única forma de que se difunda o antibiótico polo líquido cefalorraquídeo, que é onde se atopa a bacteria durante esta última fase. O tratamento con penicilina pode provocar nalgúns pacientes a denominada Reacción de Jarisch-Herxheimer (reacción febril de tipo agudo que con frecuencia vén acompañada por calafríos, febre, náuseas etc.).
Tratada a tempo, a enfermidade ten cura sinxela sen deixar secuelas. Se non se trata a tempo, pode ocasionar demencia, problemas circulatorios, cegueira, parálise, trastornos neurolóxicos, ulceracións na pel. Nalgúns casos, as persoas que supostamente xa obtiveron a cura aínda poden infectar aos demais.
O padecer a sífilis aumenta o risco de contraer outras enfermidades de transmisión sexual (coma o VIH), xa que os chancros son unha vía fácil de entrada do virus no organismo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.