Década do -2890Década do -2880 Década do -2870Década do -2860 Década do -2850Década do -2840 Década do -2830Década do -2820 Década do -2810Década do -2800
Taboa anual do século -XXIX
Pechar
En Iraq comeza o Período Dinástico Arcaico temperá.
Data na que os hinduístas consideran que cocibiuse o Rig-veda na India. A maioría das teorías actuais sitúano a mediados do II milenio antes de Cristo
2900 a.C. (aprox.): Comeza a construción na primeira aldea coñecida en América, que no 2627 a.C. (case 300 anos despois da súa fundación) crecerá dando lugar á cidade de Caral (182km ao norte de Lima, Perú), cidade nai da civilización máis antiga de América, a Civilización Caral-Supe. Entre o ano 2627 a.C. e 2100 a.C., esta civilización desenvolverase plenamente, alcanzando o seu cumio de esplendor.
2900 a.C. ata o 2800 a.C.: Fundación da cidade de Mari, en Siria (1´9km de diámetro).
2900 a.C. ata o 2600 a.C.: Durante estes tres séculos, realízanse as estatuas votivas do Templo Cadrado en Ešnunna (actual Tell Ashmar, Iraq). Conserváronse no Instituto Oriental da Universidade de Chicago (situado no Museo de Iraq en Bagdad, pero foron destruídos na Guerra de Iraq.
2900 a.C. ata 2334 a.C.: período dinástico arcaico ou presargónico en Iraq.
Primeiros vestixios da invención do valor fonético correspondente aos signos de escritura, nos ficheiros de Uruk. Pouco a pouco desaparecen os ideogramas.
Dumuzi, rei de Uruk, despois da súa morte, convértese en protector dos rabaños e deus da fertilidade e da vexetación.
2831 a.C. ata 2791 a.C.: Balih, lendario rei de Iraq, fillo de Etana.
O faraón exipcio Snefru (antes da Terceira dinastía de Exipto) envía unha expedición marítima en busca dos famosos bosques de cedros do Líbano.
2807 a.C.: data suxerida para o impacto dun asteroide ou cometa ocorrido entre África e a Antártida, ao redor do momento dun eclipse solar o 10 de maio, baseándose nunha análise de historias de inundacións. Posiblemente causante do cráter Burckle e Fenambosy Chevron.
2800 a.C.: en Biblos (Líbano) constrúese o templo do deus BaalatGubla.
Aparecen no norte de Europa as culturas das cerámicas cordadas.
En Grecia espállanse as técnicas de fundición, especialmente na zona nordés do mar Exeo. Así comeza a Idade de Bronce. (A etapa Bronce Antigo II ocorre entre o 2900 a.C. ata o 2300 a.C.)