Río da Prata
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río da Prata,[2] en castelán Río de la Plata, é un río do Cono Sur de América do Sur, formado pola xunción dos ríos Paraná e Uruguai. Pode ser dividido en dous sectores: o sector interior composto polos tramos superior e medio, que posúe pouca profundidade e está ausente de intrusión salina, e o sector exterior comprendido entre Montevideo, Punta del Este, e a baía de Samborombón, tramo de maior profundidade, e cunha importante influencia mariña, sendo un estuario do océano Atlántico.[3] Ten unha forma triangular de 290 km de lonxitude, servindo de fronteira en toda a súa traxectoria entre a República Arxentina e a República Oriental do Uruguai. Posúe un rumbo xeral noroeste-sueste, vertendo no mar Arxentino a escorrentía da súa cunca hidrográfica máis a dos seus afluentes, que suma unha área de arredor de 3 200 000 km². Considérase tradicionalmente, en especial nos dous países das súas ribeiras, como o río máis ancho do mundo,[4][5][6][7] con 220 km de ancho na súa foz.[8]
Río da Prata | |
---|---|
Localización administrativa | |
Estado | Arxentina Uruguai |
División | Provincia de Entre Ríos (ARX) Provincia de Buenos Aires (ARX) Cidade Autónoma de Bos Aires (ARX) Colonia (URU) San José (URU) Canelones (URU) Departamento de Montevideo (URU) Maldonado (URU) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Atlántico |
Continente | América |
Xeografía | |
Subdivisións | Baía de Samborombón |
Illas interiores | Arxentina: Martín García, Solís, Oyarvide, Lucía, Lucha, Nutria, Zárate e Santa Mónica Uruguai: El Matón, Dos Hermanas, Illa Sola, Farallón, Flores, Gorriti, San Gabriel, Juncal e Timoteo Domínguez, Agustín Quirós |
Afluentes | Río Uruguai (ARX/URU) Matanza-Riachuelo, Paraná, Samborombón e Salado (ARX) San Juan, Rosario, Santa Lucía e Solís (URU) |
Cidades ribeiregas | San Fernando, San Isidro, Vicente López, Buenos Aires, Avellaneda, La Plata, Quilmes, Berazategui, Hudson, Punta Lara, Atalaya, e San Clemente del Tuyú (ARX) Ciudad de la Costa, Colonia del Sacramento, Costa de Oro, Juan Lacaze, Montevideo, Piriápolis, Punta del Este, Maldonado, Atlántida (URU) |
Accidentes | |
Características | |
Superficie | 30.362 km² |
Lonxitude máxima | 320 km. |
Anchura máxima | 230 km. |
Profundidade media | 10 m. |
Mapa | |
Localización do río da Prata | |