Río Volga
Río ruso, o máis longo e caudaloso de Europa / From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Volga (en ruso Во́лга, tártaro İdel, Идел, moksha Рав, mari Юл, alemán Wolga) é o río máis longo e caudaloso de Europa. Cos seus afluentes, rega máis dun terzo da superficie da Rusia europea. O Volga nace nas cuíñas de Valdái a 228 metros de altitude, entre Moscova e San Petersburgo e desemboca no mar Caspio logo dun longo percorrido de 3.690 km. O Volga é navegable en case todo o seu percorrido grazas ás enormes obras de acondicionamento realizadas fundamentalmente durante a segunda metade do século xx. A súa conca hidrográfica, cunha superficie de 1.350.000 km², é a 18º maior do mundo (por extensión é maior que o Perú, o 19º país maior do mundo) reúne un gran mosaico de pobos. O val do Volga concentra desde a segunda guerra mundial unha parte importante das actividades industriais de Rusia. O Volga desempeña tamén un gran papel no imaxinario ruso e inspirou numerosas novelas e cancións rusas.
Río Volga (Во́лга) | |
---|---|
País | Rusia |
Nacemento | cuíñas de Valdái |
Altitude | 228 msnm |
Lonxitude | 3.690 km |
Conca | Río Volga |
Caudal medio | 8.000 m³/s |
Desembocadura | Mar Caspio |
Cunca do río Volga | |
Administrativamente, o río discorre por doce dos Óblasts federais da Federación rusa, que seguindo o seu curso augas abaixo, son: óblast de Tver, óblast de Yaroslavl, óblast de Kostromá, óblast de Nizhnii Novgorod, República dos Maris, república dos Chuvaxos, república de Tatarstán, óblast de Uliánovsk, óblast de Samara, óblast de Sarátov, óblast de Volgogrado e óblast de Astrakán.
Atravesa o centro de Rusia e é amplamente considerado como o río nacional de Rusia. En antigos tempos foi coñecido como Atil, Itil ou Idil. O Volga conxélase tres meses por ano en gran parte.
Drena a maioría de Rusia Occidental; os seus moitos grandes encoros provén dunha importante irrigación e enerxía hidroeléctrica. O sistema formado polo canal Moscova-Volga, o canal Volga-Don, e o canal Mariinsk forman unha vía navegable conectando Moscova co Mar Branco, o mar Báltico, o mar Caspio, o mar de Azov e o Mar Negro.