Irrigación
aportación de auga aos vexetais en agricultura e xardinería / From Wikipedia, the free encyclopedia
A irrigación ou regadío é unha técnica utilizada na agricultura que ten por obxectivo o fornecemento controlado de auga para as plantas en cantidade suficiente e no momento correcto, asegurando a produtividade e a supervivencia da plantación. Complementa a precipitación natural, e en certos casos, enriquece o solo coa deposición de elementos fertilizantes.