Río Solimões
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Solimões é un río do Brasil, duns 1700 km de lonxitude, cuxo curso transcorre enteiramente polo estado de Amazonas, que aínda que comeza no Perú, toma o seu nome ao pasar a tripla fronteira do Brasil-Colombia-Perú, en Tabatinga. Percorre as cidades de São Paulo de Olivença, Amaturá, Santo Antônio do Içá, Tonantins, Jutaí, Fonte Boa, Tefé, Coari, Codajás, Anamã, Anorí, Manacapuru, até chegar a preto de Manaus, onde se encontra co río Negro,[1] recibindo despois o nome de río Amazonas. Este punto de encontro, no que os ríos se xunta sen mazclarse, coñécese como Encontro das Augas.