From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Neva ou río Nevá[1] (en ruso: Река Нева́ ) é un río situado ó noroeste de Rusia. Ten 74 km de lonxitude e nace no Lago Ladoga (Ладожское Озеро - Ládozhskoye Ózero) e tras pasar polo istmo de Carelia (Карельский Перешеек - Karelskii Pereshéyek) a través da parte occidental do óblast de Leningrado (región histórica de Ingria) e a cidade de San Petersburgo desemboca no golfo de Finlandia. A pesar da súa pequena lonxitude, é o terceiro río máis caudaloso de Europa, só detrás do Volga e do Danubio.
Río Neva / Río Nevá | |
---|---|
Localización do río Neva en Rusia | |
País | Rusia |
Nacemento | Lago Ladoga (Rusia) |
Lonxitude | 75 km |
Conca | Río Neva |
Caudal medio | en San Petersburgo, 2.510 m³/s |
Desembocadura | Golfo de Finlandia |
Durante a Idade Media, o río tiña unha grande importancia, posto que ó ser ancho e navegable constituía unha canle de comunicación entre o Mar Báltico e o río Volga. A confluencia do Neva e o río Izhora foi o escenario da famosa Batalla do Nevá (1240)[1] entre os suecos e rusos. Alexandre Iaroslávich, príncipe de Nóvgorod, gañou dita batalla e asumiu o sobrenome de «Nevski», que significa «do Neva».
Durante o século XVI, a desembocadura do Neva, albergou a fortaleza sueca de Nyen, e un entrante de terra no Ladoga, a fortaleza rusa de Oréshek, logo chamada Shlisselburg. A fortaleza de Nyen foi destruída por Pedro o Grande, despois de fundar a Fortaleza de San Pedro e San Paulo (Петропавловская Крепость - Petropávlovskaya Krépost'), en 1703. Situada na Illa de Liebre (Зайчии Остров - Zaichii Óstrov), a fortaleza é considerada coma a primeira estrutura do actual San Petersburgo.
O monxe ruso Grigori Rasputín foi guindado ó río Neva en 1916 onde morreu afogado.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.