Lago Ladoga

From Wikipedia, the free encyclopedia

Lago Ladogamap

O lago Ladoga ou lago Ládoga, en ruso, Ладожское озеро (Ládozhskoie ózero), en finés, Laatokka, é un lago de auga doce situado en Carelia e o óblast de San Petersburgo, pretiño da fronteira con Finlandia. Cunha superficie de 17.700 km², é o maior lago de Europa e o décimo quinto do mundo. No seu interior áchanse 660 illas cunha superficie de 435 km². A maioría destas illas están próximas da costa noroeste, incluíndo as coñecidas illas Valaam. O lago desemboca no Golfo de Finlandia (Mar Báltico) a través do río Nevá.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...
Lago Ladoga
(krl) Luadogu
(fi) Laatokka
Thumb
Tipolago
Parte deUnified Deep Water System of European Russia (en)
Localización
País da cuncaRusia e Finlandia
División administrativaÓblast de Leningrado, Rusia e República de Carelia, Rusia
Thumb Thumb
 60°50′34″N 31°27′35″L
Efluente do lagoRío Neva
Conca hidrográficaNeva basin (en)
Características
Altitude4,84 m
Profundidade230 m
Dimensións138 () × 219 () km
Perímetro1.570 km
Superficie17.700 km²
Superficie da cunca hidrográfica276.500 km²
Medicións
Volume físico838 km³
Pechar
Thumb
Mosteiro de Valaam.

A área da súa cunca é de 276.000 km². Esta conca inclúe uns 50.000 lagos e 3.500 ríos cunha lonxitude superior aos 10 km. O 85% da auga do lago provén dos seus tres principais afluentes:

  • Río Svir, proveniente do sueste do lago Onega, cunha lonxitude de 224 km e unha conca de 83.200 km²;
  • Río Vuoksi, proveniente do oeste desde o lago Saimaa, en Finlandia, cunha lonxitude de 162 km e unha conca de 52.400 km²;
  • Río Vóljov, proveniente do sur, do lago Ilmen, cunha lonxitude de 224 km e unha conca de 80.200 km²;

Outros afluentes de importancia son os ríos Olonka e Syas.

O lago Ladoga ten a súa propia especie endémica de foca anelada, chamada foca do Ladoga.

Historia

Thumb
Localización do lago de Ladoga.

O lago era parte importante da ruta comercial que unía aos varegos co Imperio bizantino. A capital rusa máis antiga, Stáraya Ládoga, toma o seu nome do lago.

O antigo mosteiro de Valaam fundouse na illa de mesmo nome (en finés: Valamo), a máis grande do lago, abandonado entre 1611 e 1715, restaurado no século XVIII e evacuado a Finlandia durante a Guerra de Inverno en 1940. A actividade monástica foi reanudada en 1989. Outros claustros próximos son os mosteiros de Konevets e de Alexandr-Svirsky.

Entre 1617 e 1721, o lago formaba a fronteira entre Rusia e Suecia, e posteriormente, entre 1812 e 1940, a fronteira entre Finlandia e Rusia.

Durante o sitio de Leningrado (1941-1944), o lago de Ladoga supoñía o único acceso á cidade. Grazas a isto, toneladas de alimentos chegaron a Leningrado, con camións durante o inverno (polo coñecido como "Camiño da Vida"), e durante o verán mediante barcos.

Despois da guerra, Finlandia perdeu a rexión da República de Carelia a favor da URSS. A maioría dos finlandeses foron obrigados ao exilio, aínda que algúns nativos puideron ficar alí.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.