Río Negro, Arxentina
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Negro é o curso de auga máis importante da provincia arxentina de Río Negro e tamén da Patagonia en canto ao seu caudal. O seu nome provén da tradución literal do mapuche Curú Leufvú, aínda que as súas augas son dunha cor máis verde escura ca negra.[1] Antigamente era coñecido tamén como río dos Salgueiros debido á gran cantidade de salgueiros choróns que hai nas súas beiras. Ten unha lonxitude de 635 km, aínda que cunha das súas cabeceiras, o río Limay, a lonxitude total do sistema fluvial Negro-Limay chega aos 1252 km.[2]
Datos rápidos País, Nacemento ...
Río Negro | |
---|---|
O río fronte ás cidades de Viedma e Carmen de Patagones | |
País | Arxentina |
Nacemento | Confluencia dos ríos Limay e Neuquén |
Altitude | 256 msnm |
Lonxitude | Só, 635 km Sistema Negro-Limay, 1252 km |
Conca | 132 275 km² |
Caudal medio | 1014 m³/s |
Desembocadura | Mar Arxentino |
Localización do río Negro | |
Pechar