Ruta fecal-oral
From Wikipedia, the free encyclopedia
A ruta fecal-oral ou vía feca-oral (ou orofecal) é unha ruta de transmisión de enfermidades infecciosas nas que un patóxeno procedente das feces dun individuo hóspede pasa ao interior do corpo a través da cavidade oral.
Xeralmente hai pasos intermedios, ás veces moitos, nesta vía de transmisión, entre os que os máis comúns son:
- auga para beber que estivo en contacto con feces e non foi tratada ou foi tratada inadecuadamente durante a súa depuración;
- alimentos que foron manipulados con pouca hixiene e sufriron contaminación por feces;
- tratamento de augas residuais pouco axeitado, xunto coa presenza de vectores como as moscas domésticas;
- mala hixiene das mans despois de ter estado en contacto con feces ou con obxectos que estiveron en contacto con feces;
- prácticas sexuais que implican un posible contacto con feces;
Algunhas das enfermidades que poden transmitirse por esta vía son:
- Xiardíase[1]
- Hepatite A[2]
- Hepatite E[3]
- Infección por Rotavirus
- Shigellose (disentería bacteriana)[4]
- Febres tifoides[5]
- Infeccións por Vibrio parahaemolyticus[6]
- Infeccións por Enterovirus, como a poliomielite
- Cólera
- Infeccións por Clostridium difficile
- Criptosporidiose
- Ascaridíase
En modelos experimentais de roedores demostrouse a transmisión de Helicobacter pylori por esta ruta.[7]