![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e5/G%25C3%25A4mse_%2528Rupicapra_rupicapra%2529_Zoo_Salzburg_2014_g-crop.jpg/640px-G%25C3%25A4mse_%2528Rupicapra_rupicapra%2529_Zoo_Salzburg_2014_g-crop.jpg&w=640&q=50)
Rupicapra rupicapra
especie de mamífero da subfamilia dos caprinos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Rupicapra rupicapra, é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos caprinos,[2] unha das dúas que integran hoxe o xénero Rupicapra, que poderiamos denominar rebezo setentrional,[3] para non confundir coa outra especie, Rupicapra pyrenaica, o rebezo dos Pireneos ou rebezo propiamente dito.
Rupicapra rupicapra | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Rupicapra rupicapra no zoo de Salzburgo | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Rupicapra rupicapra (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||
![]() En amarelo, lugares onde se reintroduciu. (Exclúense as poboacións introducidas na Arxentina e en Nova Zelandia).[1] Distribución de Rupicapra rupicapra no 2008. En amarelo, lugares onde se reintroduciu. (Exclúense as poboacións introducidas na Arxentina e en Nova Zelandia).[1] | |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
|
Esta especie introduciuse na República Checa, nos Vosgos, o Xura e a Selva Negra, así como na illa sur de Nova Zelandia e na Arxentina.
Algunhas das súas subespecies están estritamente protexidas na UE pola Directiva Europea de hábitats.[4]
Durante moito tempo a maioría dos autores clasificaron a todos os individuos do xénero Rupicapra na especie Rupicapra rupicapra, pero algúns consideraban, desde hai moitos anos, aos integrantes das subespecies das montañas do sur de Europa, como os Pireneos, a cordilleira Cantábrica e os Apeninos, como unha especie á parte, Rupicapra pyrenaica, o que a día de hoxe está xa aceptado pola comunidade científica internacional.[5]