especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
A Rubus ulmifolius, tamén coñecida vulgarmente como silva ou silveira, é un arbusto que pertence á familia das rosáceas, de talos espiñentos pode medrar até os tres metros. Moi abondosa en Galiza, o seu froito aseméllase a unha baga pero é un conxunto de drupas unidas entre si, coñecida como amora, é comestíbel, de cor morada que se volve negra ao madurecer, o seu sabor é doce.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Silva.
Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Rubus ulmifolius Schott, in Oken, Isis, fasc. v. 821, 1818
Pechar
É unha planta invasiva que medra axiña e pode colonizar extensas zonas de bosque ou formar grandes sebes en pouco tempo.
O seu nome científico deriva do latín. O xénero ruber (rubio, vermello), pola cor dos seus froitos.
O epíteto específico fai referencia á semellanza dos seu folíolos coas follas do umeiro (Ulmus minor).
O nome común en galego é silva ou silveira, aínda que este último tamén se refire ao conxunto destas plantas[1]. Cómpre ter en conta que outras especies do xénero Rubus tamén se chaman silvas en galego, especialmente Rubus fruticosus.
Ten follas imparipinnadas, compostas por 3 ou 5 folíolos peciolulados e en punta, bastante variábeis, de forma elíptica ovada ou obovada, co bordo dentado ou aserrado, de cor verde escura pola face e branco-tomentoso polo envés.
As flores, pentámeras, teñen pétalos ovalados brancos ou rosados duns 10-15 mm e os sépalos son cinsentos ou tomentoso-abrancazados. Nacen en acios, dando lugar a inflorescencias de forma oblonga ou piramidal.
O seu froito, a amora, é comestíbel e está formado por moitas pequenas drupas en acio e unidas entre si (polidrupa), de cor vermella, tornándose ao negro ao madureceren.
É unha planta moi invasiva e que medra axiña que tamén pode multiplicarse vexetativamente xerando raíces dende as súas pólas. Pode colonizar extensas zonas de bosque, monte baixo, abas ou formar grandes sebes nun tempo relativamente curto.
É frecuente en sebes e a súa distribución orixinal abrangue case toda Europa, o norte de África e o sur de Asia. Tamén foi introducida nas Américas e en Oceanía, con efectos moi negativos como maleza; por exemplo en Chile, é considerada unha especie invasora;[3] porén, a venda dos seus froitos e os seus subprodutos tamén significa unha fonte de ingresos para moitas familias, que realizan a colleita dos seus froitos.
Practicamente todos son meros sinónimos da especie, mais os seguintes son taxonomicamente aceptados[4]:
Rubus ulmifolius var. chlorocarpus (Bor.inGenev.) Focke
Rubus vulgaris var. discolor (Weihe & Nees) Wirtg.
Rubus vulgarisBubani
A amora é considerada culinariamente coma un froito do bosque, doce e moi popular en pastalería, emprégase para a preparación de sobremesas, marmeladas e xeleas e, ás veces, viños e licores.
As follas disecadas, utilizadas como infusións, teñen propiedades adstrinxentes, antisépticas urinarias e bucais e tamén diuréticas. A amora negra contén sales minerais vitaminas A, B e C. Polo seu alto contido de ferro é utilizada para previr e combater a anemia. Entre outras facultades, estudos recentes comprobaron que o elevado contido de flavonoides (taninos que tamén posúen os viños tintos) contribúe a previr o cancro e diminuír o colesterol.[5][6]
En Galiza a amora tamén se usou para tinxir a la de cor negra.
A casca dos talos utilízase como material de cestaría e para facer cordas.[7] É por exemplo material tradicional para coser as colmeas de palla ou 'skep hives' de tradición anglosaxoa que aínda se utilizan hoxe en día.[8]
Outro uso, pouco coñecido, é como substituto do tabaco.[9]
ARNAIZ, C. y J. LOIDI -1981- Estudio fitosociológico de los zarzales del País Vasco (Rubo ulmifolii-Tametum communis). Lazaroa 3: 63-73.
BOLÒS, O. -1957- Datos sobre la vegetación de la vertiente septentrional de los Pirineos: observaciones acerca de la zonación altitudinal en el Valle de Arán. Collect. Bot. (Barcelona) 5: 465-513.
Bolòs, Oriol de; et al. Flora manual dels Països Catalans, 2a ed. Barcelona: Pòrtic, 1993. ISBN 84-7306-400-3.
C. Kalkman: Rosaceae. In: Klaus Kubitzki (Hrsg.): The Families and Genera of Vascular Plants - Volume VI - Flowering Plants - Dicotyledons - Celastrales, Oxalidales, Rosales, Cornales, Ericales, 2004, S. 370, ISBN 978-3-540-06512-8
DÍAZ GONZÁLEZ, T.E. y J.A. FERNÁNDEZ PRIETO -1994a- El paisaje vegetal de Asturias: Guía de la Excursión. Itinera Geobot. 8: 5-242.
DÍAZ GONZÁLEZ, T.E. y J.A. FERNÁNDEZ PRIETO -1994b- La vegetación de Asturias. Itinera Geobot. 8: 243-528.
FERNÁNDEZ PRIETO, J.A. y V.M. VÁZQUEZ -1987- Datos sobre los bosques asturianos orocantábricos occidentales. Lazaroa 7: 363-382.
Folch i Guillèn, Ramón. Vegetació dels Països Catalans, (1986, 2a. ed.). Barcelona: Ketres, 1980, 541 pàgines + mapa. ISBN 84-85256-62-X.
Gebüsche, Hecken, Krautsäume. Heinrich E. Weber (2003); 256 Seiten, 76 Farbfotos, 81 teilweise zweifarbige Grafiken, 54 Tabellen. Eugen Ulmer, ISBN 3-8001-4163-9
LOIDI, J. y C. ARNAIZ -1987- Estudio de los espinares del orden Prunetalia spinosae en la Cordillera Cantábrica (España). Lazaroa 7: 433-441.
LOIDI, J., I. BIURRUN y M. HERRERA -1997- La vegetación del centro-septentrional de España. Itinera Geobot. 9: 161-618.
LÓPEZ, M.J. y E. PUENTE -1987- Mapa de las series de vegetación de las cuencas alta y media del río Curueño (León). Lazaroa 7: 125-144.
Minch, M.: Handbuch der Futterpflanzen für Schildkröten und andere Reptilien. KUS-Verlag 2008 ISBN 978-3-940376-00-8
MONASTERIO-HUELIN, E. -1998- Rubus L. In CASTROVIEJO, S. (coord.) Flora Ibérica VI: 16-71. C.S.I.C. Madrid.
PUENTE, E. -1988- Flora y Vegetación de la Cuenca Alta del Río Sil (León). Deputación Provincial de León, Institución Fray Bernardino de Sahagún. Móstoles, Madrid.
Pour l'amour d'une ronce, Bernard Bertrand, 01/01/2008, Terran (Editions de) - ISBN 978-2-913288-79-9
RIVAS-MARTÍNEZ, S., T.E. DÍAZ GONZÁLEZ, J.A. FERNÁNDEZ PRIETO, J. LOIDI y A. PENAS -1984- La vegetación de la alta montaña cantábrica. Los Picos de Europa. Ediciones Leonesas. León.
RIVAS-MARTÍNEZ, S., J.C. BÁSCONES, T.E. DÍAZ, F. FERNÁNDEZ-GONZÁLEZ y J. LOIDI -1991- Vegetación del Pirineo Oriental y Navarra. Itinera Geobot. 5: 5-456.
RIVAS-MARTÍNEZ, S., F. FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, J. LOIDI, M. LOUSÃ & A. PENAS -2001- Syntaxonomical checklist of the vascular plant communities of Spain and Portugal to association level. Itinera Geobot. 14: 5-341.
RIVAS-MARTÍNEZ, S., T.E. DÍAZ, F. FERNÁNDEZ-GONZÁLEZ, J. IZCO, J. LOIDI, M. LOUSÃ & A. PENAS -2002a- Vascular plant communities of Spain and Portugal. Addenda to the syntaxonomical checklist of 2001. Part I. Itinera Geobot. 15(1): 5-432.
RIVAS-MARTÍNEZ, S., T.E. DÍAZ, F. FERNÁNDEZ-GONZÁLEZ, J. IZCO, J. LOIDI, M. LOUSÃ & A. PENAS -2002b- Vascular plant communities of Spain and Portugal. Addenda to the syntaxonomical checklist of 2001. Part II. Itinera Geobot. 15(2): 433-922.
VILLEGAS, N. -2003- Aportació al coneixement de les bardisses humides a Catalunya. Butll. Inst. Cat. Hist. Nat. 71: 59-81.
WEBER, H.E. -1998- Outline of the vegetation of scrubs and edges in the temperate and boreal zone of Europe. Itinera Geobot. 11:85-120.