From Wikipedia, the free encyclopedia
Roy Jay Glauber, nado en Nova York o 1 de setembro de 1925 e morto o 26 de decembro de 2018[1] en Newton, Massachusetts, Estados Unidos de América,[2] foi profesor de física da Universidade Harvard. Foi galardoado xunto con John L. Hall e Theodor W. Hänsch co Premio Nobel de Física do ano 2005 pola súa contribución á teoría cuántica de coherencia óptica.[1]
Nos seus resultados, publicados en 1963 (The Quantum Theory of Optical Coherence)[2], Roy Glauber estabeleceu as bases da óptica cuántica mostrando que a teoría cuántica rexe o campo da óptica. Estendeu despois as súas investigacións a diversos temas en dito campo.[3] Puido explicar as diferenzas fundamentais entre fontes cálidas de luz, como as lámpadas eléctricas cunha mestura de frecuencias e fases e os láseres que dan unha frecuencia e fase concretas.
Con 12 anos xa fabricara o seu propio telescopio, que aínda conserva, e mais un aparello que polarizaba a luz. Por algo relacionado con aquilo, a teoría sobre como contar fotóns, recibiu o nobel case 70 anos despois.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.