A face, faciana, cara ou rostro é a parte frontal da cabeza, nos humanos a parte anteroinferior, desde as cellas ao queixelo; nela están incluídos cellas, ollos, nariz, fazulas, boca, labios, dentes, pel e queixelo.[1]
Os tecidos brandos da cara expresan as emocións do individuo, pola acción dos músculos da mímica. Así mesmo, a aparencia facial é un elemento esencial da identidade de cada ser humano.
Sobre a dura superficie dos ósos implántanse máis de trinta pares de músculos, de diversas formas e funcións, grosos e fortes, como o maseter, outros son finos e pequenos como o que eleva a comisura labial e o que dilata a ala do nariz, entre outros.[2]
Dos cinco órganos dos sentidos, catro están na cabeza, e máis especificamente na face; a vista, o ouvido, o olfacto e o gusto. Aínda que o quinto sentido, o tacto, tamén está amplamente representado, cunha zona de altísima sensibilidade nos beizos.
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.