![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5f/Pontevedra%252C_Louriz%25C3%25A1n_02-10b.jpg/640px-Pontevedra%252C_Louriz%25C3%25A1n_02-10b.jpg&w=640&q=50)
Roque de Montpellier
santo cristián, avogado dos enfermos de peste e dos peregrinos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Roque de Montpellier, nado segundo a tradición en Montpellier cara a 1348 (antigamente críase que cara a 1295) e finado en Voghera (Italia) o 15 ou 16 de agosto de 1376 ou 1379 (antigamente críase que en Montpellier en 1327), foi un peregrino francés que se dirixiu a Roma.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1295 ![]() Montpellier (Coroa de Aragón) ![]() |
Morte | 16 de agosto de 1327 (Gregoriano) ![]() Montpellier ![]() |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Lingua | Occitano antigo ![]() |
Orde relixiosa | Terceira orde de San Francisco ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 16 de agosto ![]() |
Patrón de | Peste e peregrino ![]() |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/54/San_Rocco_Venezia_%28Interno%29_-_%E2%80%9CTomba_con_pala_d%E2%80%99altare%E2%80%9D_di_San_Rocco.jpg/640px-San_Rocco_Venezia_%28Interno%29_-_%E2%80%9CTomba_con_pala_d%E2%80%99altare%E2%80%9D_di_San_Rocco.jpg)
Percorreu a Península Itálica curando infectados pola peste, e faleceu querido coma un santo. A súa devoción estendeuse rapidamente a partir do século XV. Desde Venecia propagouse o culto cara ao mundo xermánico e os Países Baixos. En 1477, por mor doutra epidemia de peste, fundouse en Venecia unha confraría baixo a súa advocación (Confraternità o Scuole di San Rocco), dedicada á hospedaxe de enfermos de peste. Esta agrupación fomentou a devoción ao santo construíndo capelas e máis centros de acollida por toda Italia. Unha das igrexas máis coñecidas dedicadas a este santo está en París, preto do museo do Louvre, ordenada edificar por Lois XIV en 1563. Actualmente a súa devoción esténdese por toda Europa e Latinoamérica.
O santoral da Igrexa Católica celebra o seu día o 16 de agosto. Santo protector ante a peste e epidemias, a súa intervención foi solicitada polos habitantes de moitas aldeas que, logo de desaparecer o mal, recoñecían a intervención do santo, polo que era nomeado santo patrón da localidade.
Represéntase vestido de peregrino (con bordón e cabaza), cunha ferida na perna e acompañado dun can que o auxiliaba. É patrón dos peregrinos, dos cans, dos contaxiados por epidemias (especialmente a peste e o cólera), dos falsamente acusados, dos inválidos e dos cirurxiáns.