Trátase nas súas orixes dunha celebración católica que consiste nunha viaxe ou peregrinación a un santuario ou ermida, ben estea consagrada a unha Virxe ou un santo patrón do lugar, situada normalmente nunha paraxe campestre ou de montaña. Por extensión, na actualidade, o termo romaría emprégase decote co valor simplificado de festa.
En Galiza, existen un gran número de romarías, entre as que cómpre salientar:
A Romaría do Faro, Santuario da Nosa Señora do Faro, no Monte Faro, entre os concellos de Chantada e Rodeiro. Hai dúas romarías, unha o día 15 de agosto e outra o 8 de setembro.
A Romaría da Franqueira, celebrada na Franqueira na Cañiza, celébranse dúas romarías ao ano, unha o luns seguinte ao domingo de Pentecoste, e outra os días 7, 8, 9 e o domingo seguinte do mes de setembro.