Romanización McCune-Reischauer
un dos dous sistemas máis empregados de romanización da lingua coreana / From Wikipedia, the free encyclopedia
A romanización McCune-Reischauer (en hangul, 매큔•라이샤워 표기법; romanización revisada do coreano, Maekyun Raisyaweo Pyogibeop; McCune-Reischauer, Maek'yun Raisyawǒ P'yogibǒp) é un dos dous sistemas máis utilizados de romanización da lingua coreana, xunto coa romanización revisada do coreano, que substituíu a McCune-Reischauer como sistema de romanización oficial de Corea do Sur no ano 2000. En Corea do Norte utilízase unha variante de McCune-Reischauer como sistema de romanización oficial. Este sistema foi creado en 1937 polos estadounidenses George McCune e Edwin Reischauer.
Este artigo amosa escritos coreanos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este sistema resulta bastante complicado de utilizar debido á abundancia de breves e outros signos diacríticos. O principal inconveniente destes caracteres é a súa dificultade para utilizalos no eido da informática, e esta é unha das razóns pola que as autoridades surcoreanas desenvolveron a romanización revisada que só utiliza caracteres alfabéticos. Porén, a romanización McCune-Reischauer é moito máis natural para os hispanohablantes, debido a que reflicte dunha forma moito máis semellante a pronuncia do hangul.