Rodrigo Leão
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Rodrigo Leão, nado en Lisboa en 1964, é un músico, instrumentista de teclado e baixo, e compositor portugués, cofundador do grupo Sétima Legião e compoñente tamén de Madredeus.
Nome orixinal | (pt) Rodrigo Costa Leão Muñoz Miguez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de outubro de 1964 (60 anos) Lisboa, Portugal |
Actividade | |
Ocupación | compositor, músico, pianista |
Período de actividade | 1982 - |
Membro de | |
Xénero artístico | New age |
Instrumento | Piano |
Premios | |
Páxina web | rodrigoleao.pt |
|
En 1982 fundou a banda Sétima Legião xunto con Pedro Ayres Magalhães e Gabriel Gomes, membros de Madredeus. O nome escollido era o da lexión romana que foi a Lusitania. Dita banda sería unha grande innovación ao mesturar música folk con electrónica. Aquela experiencia mudou a concepción da música moderna portuguesa ao explorar un campo orixinal e novidoso.
Como artista en solitario segue un camiño instrumental que combina teclados electrónicos e instrumentos de corda clásicos, inspirado ao mesmo tempo pola música erudita e a música minimalista contemporánea. Suspende temporalmente os Sétima Legião entre 1993 e 1996 debido á falta de tempo polo crecente éxito do seu primeiro álbum en solitario. Abandona definitivamente os Madredeus no 1994 para dedicarse por completo á súa carreira en solitario e á preparar os álbums Mysterium (1995) e Theatrum (1996).
Despois de abandonar Madredeus comezou a explorar a combinación das súas composicións clásicas-modernas con formas de canción e instrumentación mais tradicional. Conta sempre con moitos importantes colaboradores, é o caso de Lula Pena ou Adriana Calcanhotto, a cantante brasileira, no CD Alma Mater. Entre os convidados nos seus traballos constan Sónia Tavares e Nuno Gonçalves dos The Gift e Rui Reininho dos GNR que participou na gravación do seu álbum en vivo titulado Pasión. Co disco Alma Mater o músico recibiu dous importantes títulos de recoñecemento público, o de Disco do Ano e o de Artista do Ano.
En 2004 editou Cinema, disco considerado polo editor da revista americana Billboard un dos mellores editados nese ano. Neste traballo participaron Beth Gibbons e Riuychi Sakamoto.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.