The Gift

From Wikipedia, the free encyclopedia

The Gift

The Gift é unha banda portuguesa de lounge, que fan un pop electrónico cun toque melódico.

Datos rápidos Orixe, Período ...
The Gift
Thumb
A banda actuando en Oeiras
OrixeAlcobaça, Portugal
Período1994 - presente
Xénero(s)pop electrónico, rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)La Folie
MembrosSónia Tavares
Nuno Gonçalves
John Gonçalves
Miguel Ribeiro
Na rede
The gift
iTunes: 431067126 Last fm: The+Gift
Pechar

Historia

Fundado en 1994 en Alcobaça é un dos mellores expoñentes da música portuguesa actual. O seu éxito mesmo traspasou as fronteiras portuguesas, algo nada fácil para as bandas pop deste país.

No ano 2005 gañaron o "MTV Europe Award for Best Portuguese Act" e o "Prémio Arco-íris" entregado pola asociación ILGA Portugal, recoñecendo a contribución na loita contra a discriminación e a homofobia.

Habitualmente cantan en inglés, aínda que no último disco teñen algún tema en portugués, como o que dá nome ao álbum Fácil de entender ou unha versión de "Índios", unha canción do grupo brasileiro Legião Urbana.

The Gift en Galicia

Thumb
A banda no Vigo Tr4nsforma 2011

Os The Gift actuaron varias veces en Galicia, algúns exemplos destas actuacións son:

Membros do grupo

Os integrantes dos The Gift son:

  • Sónia Tavares: vocalista
  • Nuno Gonçalves: teclista
  • John Gonçalves: teclista e Baixista
  • Miguel Ribeiro: guitarrista, Baixista

Discografía

Álbums

  • Digital Atmosphere (demo tape sen versión comercial, 1997)
  • Vinyl (1998)
  • Film (2001)
  • AM-FM (2004; O tema "11:33", está presente no xogo FIFA 06)
  • Fácil de Entender (2006)
  • Explode (2011)

Sinxelos

Do álbum Vinyl

  • Ok! Do you want something simple? (1999)
  • Real (Get Me For...) (1999)
  • Truth (2000)

Do álbum Film

  • Waterskin (2001)
  • Question of love (2001)

Do álbum AM-FM

  • Driving You Slow (2004)
  • 11:33 (2005)
  • Music

Do álbum Fácil de Entender

  • Fácil de Entender (2006)
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.