From Wikipedia, the free encyclopedia
Rockall é un pequeno farallón rochoso situado no océano Atlántico norte a máis de 300 km do territorio máis próximo, tamén coñecido polos mariñeiros galegos como O Con.[1]
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Territorio reivindicado por | Irlanda | |||
Estado | Reino Unido | |||
País | Escocia | |||
Arquipélago | Hébridas de Fóra | |||
Poboación | ||||
Poboación | 0 (0 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 0,0007843 km² | |||
Medición | 0,0253 () × 0,031 () km | |||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Altitude | 23 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Pertence ao Reino Unido. Cun diámetro de 27 m de ancho e unha altura duns 23 m posuíndo unha área actualmente emerxida de 570 m², este pequeno illote adoita ser cuberto polas grandes ondas provocadas polas treboadas, especialmente no inverno. É o cumio dun volcán extinto.
Segundo as fontes británicas o nome deste estratéxico illote deriva do gaélico escocés Sgeir (rocha no mar) e Rocail (rasgada), transcripto logo polos ingleses como "Roaring Rock" (en inglés: "Rocha ruxinte"), quedando finalmente a palabra gaélica rocail transformada en Rockall.
A súa importancia radica en que o Reino Unido, aínda que o illote non posúe unha zona económica exclusiva, reivindica para si o dereito sobre os recursos do leito submarino ao redor do farallón. Con todo esa reivindicación choca coas peticións sobre o mesmo territorio por parte de Islandia, Illas Faroe (Dinamarca) e Irlanda.
En 1997 a organización Greenpeace ocupou o illote en protesta pola exploración de xacementos petrolíferos por parte dos británicos. Cambiaron o seu nome a Waveland e proclamaron a súa independencia como un novo Estado. O goberno británico limitouse a autorizar a súa permanencia na rocha. O experimento durou ata 1999 no que colapsou por falta de fondos. Durante ese período chegou a ocuparse a rocha durante 42 días seguidos o que constitúe a marca de permanencia no illote. Nun número da revista Bravú, debuxantes e arquitectos galegos, como Manuel Gallego Jorreto,[2] propuxeron embaixadas galegas simbólicas de Galiza no mundo, entre elas un tríscele de granito en Rockall, como solidariedade con outro "país global".[3]
O 8 de febreiro de 2000, o barco oceanográfico inglés R.S.S. Discovery rexistrou unha onda de 29.1 metros, a maior onda medida ata o momento. O feito sucedeu nas proximidades do illote de Rockall durante un temporal con ventos de forza 9 e ondas de 18 metros de altura media.
En setembro de 2007 o estado británico deu a coñecer a súa pretensión de estender a soberanía sobre a área marítima ao redor de Rockall ata 350 millas náuticas (563,3 km).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.