From Wikipedia, the free encyclopedia
Robert Millar, nado en Glasgow o 13 de setembro de 1958, é un ex-ciclista profesional escocés.
(1993) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome orixinal | (en) Philippa York | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 13 de setembro de 1958 (66 anos) Glasgow, Reino Unido | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Shawlands Academy (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | ciclista, xornalista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | ciclismo de competición | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
1993 | 1993 UCI Road World Rankings (en) (66ª) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1992 | 1992 UCI Road World Rankings (en) (69ª) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1991 | 1991 UCI Road World Rankings (en) (30ª) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1990 | 1990 UCI Road World Rankings (en) (21ª) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1989 | 1989 UCI Road World Rankings (en) (29ª) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1988 | 1988 UCI Road World Rankings (en) (23ª) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1987 | 1987 UCI Road World Rankings (en) (13ª) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1986 | 1986 UCI Road World Rankings (en) (15ª) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1985 | 1985 UCI Road World Rankings (en) (13ª) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1985 | 1985 Super Prestige Pernod (en) (8ª) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1984 | 1984 UCI Road World Rankings (en) (46ª) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tour de Francia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Vuelta a España |
Dende un principio obtivo salientables posicións en probas de gran prestixio internacional. Así, en 1982 foi segundo no Tour do Porvir e en 1983 foi segundo na Dauphiné Libéré e, debutando no Tour de Francia, gañou unha tirada e quedou terceiro no Gran Premio da Montaña. O ano da súa consagración foi 1984, cando obtivo outra importante vitoria de etapa no Tour, gañou o Gran Premio da Montaña e acabou de cuarto na clasificación xeral, só por detrás de figuras como Laurent Fignon, Bernard Hinault e Greg Lemond.
En 1985, gañou a Volta a Cataluña. Foi o gran dominador da Vuelta Ciclista a España dese ano, pero un inesperado golpe de man dos equipos españois privouno do xersei amarelo na penúltima etapa a prol de Pedro Delgado, quen ata daquela ocupaba a sexta praza da xeral, a moito tempo do escocés. En 1986, volveu á Vuelta a España como un dos grandes favoritos. Gañou a célebre subida aos Lagos de Covadonga. O seu duelo na montaña con Álvaro Pino e Pedro Delgado, foi deixando sen opción a primeiras figuras como Sean Kelly ou Laurent Fignon. A superioridade de Alvaro Pino nas tiradas contra o crono, volveuno deixar en segunda posición. A mesma posición acadou na Volta a Suíza.
No Giro de Italia de 1987 mostrou un gran nivel, quedando segundo na xeral por detrás de Stephen Roche, gañando a clasificación da montaña e unha tirada. En 1988 foi terceiro na Liexa-Bastogne-Liexa e segundo na Volta ao País Vasco. En 1989 gañou unha tirada na Dauphiné Liberé e foi segundo na xeral. No Tour logrou unha nova vitoria parcial e finalizou de décimo na xeral. Gañou a Volta a Gran Bretaña. Xa en 1990 gañou a Dauphiné Liberé e foi segundo na Volta a Gran Bretaña. O seu derradeiro éxito foi o campionato do Reino Unido de fondo en estrada en 1995.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.