ciclista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Greg Lemond, nado o 26 de xuño de 1961 en Lakewood, no condado dos Ánxeles (California), foi o primeiro ciclista non europeo en gañar o Tour de Francia.
O seu primeiro gran triunfo foi o propio campionato do mundo de fondo en estrada en 1981. En 1984 participou no seu primeiro Tour e ficou terceiro. En 1985 acadou a segunda praza axudando ao líder do seu equipo Bernard Hinault a gañar o seu quinto Tour. Ao ano seguinte Greg Lemond atinxía a vitoria na volta francesa.
Un disparo accidental no peito mantívoo dous anos inactivo. No Tour de Francia de 1989 ripoulle a Laurent Fignon o liderado na derradeira etapa disputada contra o crono. A súa vantaxe de só oito segundos é a máis estreita na historia do Tour. Ese ano volveu gañar o campionato do mundo de fondo en estrada. En 1990, fíxose co seu terceiro Tour sen gañar unha soa etapa.
Greg Lemond foi o prototipo do ciclista Tour, concentrando todos os esforzos da tempada nesa volta e deixando de afrontar outras carreiras prexudiciais para ese obxectivo. No Giro de Italia as súas mellores posicións foron terceiro en 1985 e cuarto en 1986.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.