ciclista irlandés From Wikipedia, the free encyclopedia
John James "Sean" Kelly, nado en Carrick-on-Suir o 24 de maio de 1956, é un ex ciclista irlandés. Sumou 193 vitorias ao longo da súa carreira, entre elas a Vuelta Ciclista a España de 1988. Foi durante seis anos consecutivos o número un da clasificación FICP.
Gañou tres veces o Giro da Lombardía, en 1983, 1985 e 1991. En dúas ocasións a París-Roubaix, en 1984 e 1986, as mesmas que a Liexa-Bastogne-Liexa, en 1984 e 1989, e a Milán-San Remo, en 1986 e 1992. O Gran Premio das Nacións gañouno en 1986.
No campionato do mundo de fondo en estrada obtivo dúas medallas de bronce en 1982 e 1989.
Como un dos fitos da historia do ciclismo, ostenta 7 triunfos na París-Niza. Outras clasificacións xerais neste tipo de carreiras foron: tres na Volta ao País Vasco e no Criterium Internacional, dous na Volta a Cataluña, na Volta a Suíza e unha na Setmana Catalana. A parte de múltiples vitorias parciais nesas e noutras carreiras como o Tour de Romandía e a Dauphiné Liberé.
Ao seu avultado palmarés resistíanselle as voltas de tres semanas. Deste xeito, a súa preparación centrouse en mellorar as súas condicións na montaña co fin de non afundirse ante os ataques dos grandes escaladores do momento como Luis Herrera, Robert Millar, Álvaro Pino ou Fabio Parra. Deste modo, arelaba acadar a complitude de campións como Laurent Fignon Greg Lemond ou Stephen Roche.
Na Vuelta ciclista a España de 1987 semellaba que ía acadar ese degorado triunfo, pero unha infección cando ía líder da proba a catro días do remate, provocou a súa retirada a prol de Luis Herrera. Sería ao ano seguinte, en 1988 cando acadou por fin a súa vitoria na xeral grazas a súa superioridade nas probas contra o crono, batendo a Anselmo Fuerte o penúltimo día.
O Tour de Francia resistíuselle. Gañou a clasificación por puntos en catro ocasións, pero o seu mellor posto foi a cuarta praza acadada en 1985, por detrás de Bernard Hinault, Greg Lemond e Stephen Roche.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.