activista polo software libre norteamericano e fundador do proxecto GNU From Wikipedia, the free encyclopedia
Richard Matthew Stallman, tamén coñecido polas súas iniciais RMS, nado o 1953 en Manhattan, é unha das figuras máis significativas do movemento do software libre a nivel internacional, e a miúdo é alcumado o gurú do software libre.
Stallman licenciouse en Física pola Universidade Harvard en 1974. Durante a carreira traballou no Laboratorio de Intelixencia Artificial do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), onde aprendeu a deseñar sistemas operativos. Escribiu o primeiro editor de textos extensíbel Emacs en 1975 e contribuíu para a investigación en intelixencia artificial.
En xaneiro de 1984 deixou o MIT, e farto do que el consideraba un abuso por parte da industria do software, anunciou a varios grupos de Usenet a súa intención de crear un sistema operativo completamente libre. De seguida publicou o Manifesto GNU, e creou a Free Software Fundation (“Fundación Software Libre” en inglés) para a coordinación dos esforzos para a creación do sistema operativo libre GNU.
Dende 1991, ano no que recibiu o premio Grace Hopper Award que entrega a Association for Computing Machinery por Emacs, foi nomeado doutor honorario de varias universidades de todo o mundo e recibiu numerosos premios. É o autor, ademais, da licenza Licenza Xeral GNU e dende mediados da década de 1990 lidera de forma activa o movemento polo software libre, tanto no desenvolvemento de aplicacións coma na divulgación dos ideais en que se basea o movemento.
En setembro de 2019 dimitiu do Computer Science and Artificial Intelligence Laboratory asociado ó MIT e como presidente da Free Software Foundation trala controversia xurdida da publicación dun fío correo electrónico no que facía varias declaracións sobre as acusacións de tráfico de menores a Jeffrey Epstein.[1][2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.