Richard Estes
artista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Richard Estes (nado o 14 de maio de 1932 en Kewanee, Illinois ) é un pintor estadounidense que gañou notoriedade polas súas pinturas de estilo hiperrealista.[1] Está considerado un dos fundadores do movemento fotorrealista de finais dos anos 60, xunto con artistas como Chuck Close, Malcom Morley, Don Eddy e Duane Hanson. [2]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1932 ![]() Kewanee, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Americano |
Educación | School of the Art Institute of Chicago (en) ![]() Art Institute of Chicago ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura, artes visuais e Hiperrealismo ![]() |
Lugar de traballo | Nova York ![]() |
Ocupación | pintor , artista visual , gravador , fotógrafo , produtor ![]() |
Movemento | Fotorrealismo (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Participou en | |
30 de xuño de 1972 | Documenta 5 (pt) ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
![]() |
Pechar
Unha característica da súa pintura é o uso complexo de superficies con luz reflectida. A partir de 1967 comeza a pintalos, e dende entón a súa obra ten os edificios reflectidos en estruturas cristalinas e lisas como escaparates, cabinas telefónicas, ou o capó dun coche. O pintor tamén reproduce reflexos distorsionados e ás veces borrosos en superficies uniformes e non lisas, como as ondas de auga en movemento.[2]