Rexión Sueste do Brasil
From Wikipedia, the free encyclopedia
A rexión Sueste do Brasil é unha das rexións definidas polo IBGE, composta polos estados de São Paulo, Minas Xerais, Río de Xaneiro e Espírito Santo. Esta rexión é unha terra de transición entre a rexión Nordeste e a rexión Sur. Para facer esta división tiráronse de criterios como semellanzas naturais, tales como relevo, clima, vexetación e solo, como tamén de afinidades socioculturais.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 924.511,3 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Fai fronteiras coa rexión Nordeste polo norte, co océano Atlántico polo leste e o sur, coa rexión Sur polo suroeste e coa rexión Centro-Oeste polo oeste e o noroeste. A Rexión Sueste non é moi extensa, ocupando un 11% do territorio brasileiro. Posúe menos dun millón de quilómetros cadrados de área total.
Cunha poboación de aproximadamente 80.353.724 habitantes no censo de 2010,[1] o Sueste abriga o 42,1 % dos brasileiros, e reúne os tres principais estados do país por habitantes. A densidade demográfica brasileira é grande (22 hab./km²), mais a Rexión Sueste ten unha densidade de 84,21 hab./km².
É a rexión máis habitada e rica do Brasil. Altamente urbanizada (90,5%),[2] abriga as tres metrópoles máis importantes do país, as cidades de São Paulo, Río de Xaneiro e Belo Horizonte, alén de ser o maior colexio electoral do Brasil. A rexión Sueste tamén presenta índices socias elevados: posúe o segundo maior IDH do Brasil, 0,824, tras a rexión Sur, e o maior PIB per cápita do país, R$ 21.182,68.