![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/20/Foto3_SGiao_Small.jpg/640px-Foto3_SGiao_Small.jpg&w=640&q=50)
Rexión Centro, Portugal
NUTS 2 rexión de Portugal / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Centro ou Rexión do Centro (en portugués: Região Centro) é unha Unidade Territorial para Fins Estatísticos de Nivel II (NUTS II) de Portugal, que comprende, integralmente, os distritos de Coímbra, Castelo Branco e Leiria, a maior parte dos distritos de Aveiro e Guarda, e preto dun terzo do Distrito de Santarém. Limita a norte coa Rexión do Norte, a leste co Estado español, a sur co Alentexo, a suroeste coa Rexión de Lisboa e ao oeste co océano Atlántico.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
NUTS 1 (pt) ![]() | Portugal continental ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Código NUTS | PT16 ![]() | ||||
Está incluída na Unidade de Nível I (NUTS I) de Portugal Continental e comprende 12 Unidades de Nível III (NUTS III):
- Baixo Mondego
- Baixo Vouga
- Beira Interior Norte
- Beira Interior Sul
- Cova da Beira
- Dão-Lafões
- Médio Tejo
- Oeste
- Pinhal Interior Norte
- Pinhal Interior Sul
- Pinhal Litoral
- Serra da Estrela
A Rexión Centro comprende 100 concellos (25,2% do total nacional). En boa parte corresponde territorialmente á antiga provincia da Beira. É xeralmente dividida en dúas grandes rexións distintas: a Beira Litoral, correspondente aos distritos de Aveiro, Coímbra, Viseu e Leiria, e a Beira Interior, que comprende os distritos da Guarda e de Castelo Branco.