Distrito de Castelo Branco
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O distrito de Castelo Branco pertence á provincia tradicional da Beira Baixa (metade sur da Beira Interior), en Portugal. Limita ao norte co distrito da Guarda, ao leste con España, ao sur con España, o Distrito de Portalegre e o Distrito de Santarém e ao oeste co Distrito de Leiria e o Distrito de Coímbra. Abrangue unha área de 6675 km² (cuarto maior distrito de Portugal. Conta cunha poboación residente de 208.069 habitantes (2006), e a capital é a cidade de Castelo Branco.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Capital | Castelo Branco (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 52.192 (2018) | ||||
Xeografía | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | PT-05 | ||||
Páxina web | gov-civil-castelobranco.pt |
O distrito de Castelo Branco subdivídese nos seguintes 11 concellos:
Na división do territorio portugués en NUTS II, o distrito atópase integrado na Rexión Centro e dividido en tres subrexións, unha delas integrando un concello pertencente ao Distrito de Santarém: Beira Interior Sul, Cova da Beira e Pinhal Interior Sul. En resumo:
O distrito de Castelo Branco está dominado por tres estruturas fundamentais. Ao sur, o val do Texo, que é unha rexión vasta de altitudes moderadas (entre os 200 e 400 m) e poucos accidentes orográficos. Ao norte, esténdese de nordeste a suroeste unha segunda rexión, bastante máis accidentada, que comprende as serras de Alvelos, do Muradal, da Gardunha (1227 m) e da Malcata, que acada a súa maior extensión xa no distrito da Guarda. Ao noroeste desta área, a Cova da Beira corresponde ao val do río Zézere e dalgúns dos seus afluentes. A rexión oeste do distrito tamén abrangue o val do Zézere, até o cal descenden as alturas de Alvelos. Tamén pertence ao distrito a maior parte da vertente sueste da serra da Estrela.
O distrito está totalmente integrado na conca hidrográfica do río Texo. Os principais ríos son, alén do propio Texo, os seus afluentes ou subafluentes. O máis destacado é o Zêzere, cos seus afluentes (o río Paul, o río Meimoa e a ribeira da Sertã. Outros ríos relevantes son o río da Ocreza, o río Ponsul e o río Erges, que serve de fronteira con España ao longo de máis de 40 km. Todos estes ríos flúen máis ou menos no mesmo sentido, de nordeste a suroeste, agás o Erges, que vai predominantemente de norte para sul.
No tocante á orografía, as maiores altitudes sitúanse na serra da Estrela. A fronteira do distrito queda moi próxima á máxima altitude do continente portugués, a Torre (1.993 m). Tamén nos límites do distrito sitúanse outras altitudes elevadas: o punto máis elevado da serra do Açor (1418 m) queda na fronteira co distrito de Coímbra, e a segunda maior elevación da serra da Malcata (1072 m) sitúase no límite co distrito da Guarda, moi preto de España. No interior do distrito, os puntos máis elevados son os cumes da Gardunha (1227 m), de Alvelos (1084 m) e de Muradal (912 m).
Aínda que o encoro do Castelo do Bode fica fóra dos límites do distrito de Castelo Branco, a súa albufeira é a maior extensión represada do distrito. Outros encoros relevantes sitúanse no Zêzere (encoro da Bouçã e encoro do Cabril), no Texo (encoro de Fratel no curso portugués e encoro de Cedillo no Texo internacional) e noutros ríos e regatos (encoro do Corgo na ribeira de Isna, encoro do Pisco no río Ramalhoso, encoro de Meimoa na ribeira de Meimoa, encoro da Idanha e encoro de Penha Garcia no Ponsul e encoro da Toulica na ribeira de Aravil.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Distrito de Castelo Branco |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.