![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/20/LocalNUTS3DaoLafoes.svg/langgl-640px-LocalNUTS3DaoLafoes.svg.png&w=640&q=50)
Dão-Lafões
Subrexión de NUTS 3 de Portugal / From Wikipedia, the free encyclopedia
Dão–Lafões é unha subrexión estatística portuguesa que forma parte da Rexión Centro. A meirande parte dos concellos que a conforman pertencen ao Distrito de Viseu, mais tamén inclúe un concello do Distrito da Guarda. Limita ao norte coas subrexións de Támega e Douro, ao leste coas de Beira Interior Norte e Serra da Estrela, ao sur coas de Pinhal Interior Norte e Baixo Mondego, e ao oeste coas de Baixo Vouga e Entre Douro e Vouga. A súa principal cidade é Viseu, que conta cunha poboación de 68.000 habitantes, sendo a segunda cidade máis poboada do centro de Portugal tras Coímbra. Ten unha superficie de 3.483 km² e unha poboación de 277.216 habitantes (2011[1]).
Datos rápidos Localización, Capital ...
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Viseu ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 3.238 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Código NUTS | PT194 ![]() | ||||
Pechar