Rei suevo da Gallaecia From Wikipedia, the free encyclopedia
Requimundo foi un líder suevo, que gobernou no parte norte do Reino suevo de Galicia entre o 459 e o 463, mentres mantiña unha guerra civil contra Frumario.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século V |
Morte | 463 (Gregoriano) |
Rei dos suevos | |
459 – 463 ← Frantán – Remismundo → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca, guerreiro |
Descrito pola fonte | Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (pt) |
Non se identificou como rex, aínda que Hidacio escribiu: "inter Frumarium et Rechimundum oritur de regni potestate dissensio" ("entre Frumario e Requimundo xurdiu unha disensión sobre o poder do reino"). No 457 os suevos dividíronse en dúas faccións, unha dirixida por Maldras asaltando a Lusitania e outra dirixida por Frantán permanecendo en Galicia. Despois duns meses de goberno, Frantán morre e Requimundo aparece como o seu sucesor.
Aínda que é posible que os suevos vivisen baixo unha diarquía, é máis probable que as dúas faccións permanecesen independentes unha da outra. O eventual sucesor de Maldras, Frumario, tampouco foi descrito como un rei, pero en aproximadamente en 463 toda a nación sueva unificouse baixo un rei chamado Remismundo. Enténdese que Requimundo e Frumario loitaran polo trono e ambos foran eliminados, abrindo o camiño para Remismundo. Algúns estudosos equipararon a Remismundo con Requimundo, pero isto parece máis improbable.
Reis dunha Gallaecia dividida. A monarquía galega entre o 456 e o 459. |
Requimundo Nacemento: ? Falecemento: 463
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Frantán (norte) |
Rei da parte norte de Galicia 459-463 |
Sucedido por Remismundo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.