Kiribati
país de Oceanía / From Wikipedia, the free encyclopedia
Kiribati,[1][2][3] oficialmente a República de Kiribati (pronunciado "Kíribas", ['kiribas])[4][5][6] é un arquipélago situado na zona central oeste do océano Pacífico, ao nordeste de Australia. Esténdese a ambos os lados do ecuador e do meridiano 180, aínda que a Liña internacional de cambio de data rodea Kiribati e xira moito cara ao leste, chegando case ao meridiano 150° W. Isto leva as illas máis orientais de Kiribati, as Illas Line ao sur de Hawai, ao mesmo día que as Illas Gilbert e sitúaas na zona horaria máis avanzada da Terra: UTC+14. Kiribati é o único país do mundo que está situado nos catro hemisferios cardinais.[7] A poboación permanente supera os 119.000 habitantes (2020), dos cales máis da metade vive no atol de Tarawa. O estado comprende 32 atois e unha remota illa de coral levantada, Banaba. Ten unha superficie total de 811 kilometros cadrados (313 millas cadradas)[8] diseminados nunha área de máis de tres millóns de quilómetros cadrados.
Ribaberiki ni Kiribati (gil) | |||||
Himno | Kunan Kiribati (1979) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Te Mauri, te Raoi ao te Tabomoa» | ||||
Nomeado en referencia a | Thomas Gilbert (en) e Illas Gilbert | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Tarawa Sur | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 119.438 (2020) (147,27 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa Lingua kiribatiana | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 811 km² | ||||
Punto máis alto | Banaba (81 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Pacífico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 12 de xullo de 1979: causado por Independencia | ||||
Organización política | |||||
• Presidente (pt) | Taneti Maamau (2016–) | ||||
Órgano lexislativo | Maneaba ni Maungatabu (pt) , (Escano: 45) | ||||
Membro de | Grupo de Estados de África, Caribe e Pacífico Organización Mundial da Saúde Aliança dos Pequenos Estados Insulares (pt) Banco Asiático de Desenvolvemento (1974–) Commonwealth de Nacións (1979–) União Postal Universal (pt) (1984–) Banco Internacional para Reconstrução e Desenvolvimento (pt) (1986–) Associação Internacional de Desenvolvimento (pt) (1986–) Corporação Financeira Internacional (pt) (1986–) Unión Internacional de Telecomunicacións (1986–) UNESCO (1989–) ONU (1999–) Organização para a Proibição de Armas Químicas (pt) (2000–) Organización Meteorolóxica Mundial (2003–) Interpol (2018–) | ||||
PIB nominal | 227.610.035 $ (2021) | ||||
Moeda | Dólar de Kiribati | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | UTC+12 (pt) (→ Illas Gilbert, Banaba) UTC+13 (pt) (→ Illas Fénix) UTC+14 (pt) (→ Line Islands (en) ) Pacific/Tarawa (en) (→ Illas Gilbert) Pacific/Kanton (en) (→ Illas Fénix) Pacific/Kiritimati (en) (→ Line Islands (en) ) | ||||
Dominio de primeiro nivel | .ki | ||||
Prefixo telefónico | +686 | ||||
Teléfono de emerxencia | 999, 192 (pt) , 193, 194 e 195 (en) | ||||
Código de país | KI | ||||
Páxina web | kiribati.gov.ki | ||||
Kiribati logrou a súa independencia do Reino Unido, converténdose nun estado soberano en 1979, un dos seus atois, Kiritimati (Illa Christmas), é o máis grande do mundo. A capital, Tarawa Sur, hoxe a área máis poboada, está formada por unha serie de illotes, conectados por unha serie de calzadas. Estes comprenden preto da metade da área do atol de Tarawa. Antes da súa independencia, o país exportara fosfato, porén, esas minas xa non son viables e son a pesca e a exportación de copra o que impulsa gran parte da economía. Kiribati é un dos países menos desenvolvidos do mundo e depende moito da axuda internacional para a súa economía.
Kiribati é membro da Comunidade do Pacífico (SPC), da Comunidade de Nacións, do FMI, do Banco Mundial, da OACPS e converteuse en membro de pleno dereito das Nacións Unidas en 1999 e tamén membro do Foro das Illas do Pacífico.[9][10][11] Como nación insular, as illas son moi vulnerables ao cambio climático e abordar o cambio climático foi unha parte central da súa política internacional, como membro da Alianza de Pequenos Estados Insulares.