![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e5/World_map_with_equator.svg/langgl-640px-World_map_with_equator.svg.png&w=640&q=50)
Ecuador terrestre
plano que divide a Terra en dúas / From Wikipedia, the free encyclopedia
O ecuador é un plano imaxinario que divide á Terra en dúas, de xeito perpendicular ó eixe de xiro dela, e equidistante do Polo Norte e do Polo Sur. A súa expresión xeográfica é unha liña imaxinaria que pasa, entre outros países, por Ecuador (ao que dá nome), o Brasil e Guinea Ecuatorial.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e5/World_map_with_equator.svg/640px-World_map_with_equator.svg.png)
A Liña do Ecuador é unha liña xeográfica imaxinaria que está situada a igual distancia dos polos, dividindo a Terra á metade, no punto onde a superficie do planeta, aproximadamente esférica, é perpendicular ó eixo de rotación. A liña do Ecuador divide a superficie terrestre en Hemisferio norte ou Setentrional, e Hemisferio sur ou Meridional.
A súa latitude (distancia en graos dun lugar calquera ata a liña do Ecuador) é por definición o grao cero. A Liña do Ecuador mide uns 40.070 km.