Reino de Polonia (1916-1918)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Reino de Polonia, tamén coñecido informalmente como Reino da Rexencia de Polonia (en polaco: Królestwo Polskie), foi un estado proposto por unha lei do 5 de novembro de 1916, emitida polo Imperio Alemán e o Imperio Austrohúngaro en plena primeira guerra mundial. O proxecto de ambas potencias era utilizar o antigo territorio ruso do Vístula comunmente chamado Polonia Rusa máis coñecido oficialmente como "Territorios do Vístula" (en ruso:Privislinsky Krai, para evitar o uso da palabra "Polonia"); este territorio sería empregado para fundar un Estado Polaco sobre as zonas que as tropas alemás arrebataran ós rusos durante as campañas bélicas, e que correspondían a unha gran parte da Polonia rusa gobernada pola administración militar alemá coñecida como Ober-Ost.
Królestwo Polskie (pl) Königreich Polen (de) ![]() | |||||||
Localización | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
Capital | Varsovia ![]() | ||||||
Poboación | |||||||
Lingua oficial | lingua alemá lingua polaca ![]() | ||||||
Datos históricos | |||||||
Precedido por | |||||||
Creación | 1916 ![]() | ||||||
Disolución | 1918 ![]() | ||||||
Sucedido por | Segunda República Polaca ![]() | ||||||
Evento clave
| |||||||
Organización política | |||||||
Forma de goberno | rexente monarquía ![]() | ||||||
Membro de | |||||||
Moeda | Polish marka (en) ![]() ![]() | ||||||
As fronteiras do novo Estado Polaco non estaban definidas en 1916 mais estaba claro que funcionaría como un Estado fantoche do Imperio Alemán. A proposta nunca gañou moito apoio en Alemaña e o obxectivo real era ter un exército de soldados polacos que loitaran por as Potencias Centrais.