From Wikipedia, the free encyclopedia
A Reichswehr (en galego: defensa imperial) foi a organización militar de Alemaña dende 1919 ata 1935, cando o goberno nazi a rebautizou como Wehrmacht.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2017.) |
Reichswehr | |
---|---|
Tipo | exército |
Data de fundación | 1 de xaneiro de 1921 |
Data de disolución | 1935 e maio de 1935 |
Nº de empregados | 115.000 |
Sede | Wünsdorf |
País | República de Weimar e Alemaña nazi |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ao final da primeira guerra mundial a meirande parte das forzas do Imperio Alemán separárase, regresando os homes ás súas casas de forma individual ou en pequenos grupos. Moitos deles uníronse aos Freikorps (Corpos Libres), unha colección de unidades paramilitares voluntarias que participaron na supresión da Revolución de Novembro e en enfrontamentos fronteirizos entre 1918 e 1923.
Admitiuse que a recentemente formada República de Weimar necesitaba dun exército, polo que o 6 de marzo de 1919 un decreto estableceu a Vorläufige Reichswehr (Defensa Nacional Provisional), formada polo Vorläufiges Reichsheer (Exército Nacional Provisional) e a Vorläufige Reichsmarine (Armada Nacional Provisional. A Vorläufige Reichswehr estaba composta de 43 brigadas.[1]
O 30 de setembro de 1919 o exército reorganizouse como o Übergangsheer (Exército de Transición), e o tamaño das súas forzas reducíuse ás 20 brigadas.[1] Nas forzas armadas quedaron ao redor de 400 000 homes, e en maio de 1920 este número baixou ata os 200 000 tras unha nova reestruturación formando tres divisións de cabalaría e sete de infantaría. O 1 de outubro de 1920 as brigadas foron substituídas por rexementos e a súa forza pasou a ser de 100 000 homes, como estipulaba o Tratado de Versalles.[1] Esta estrutura durou ata o 1 de xaneiro de 1921 cando se creou oficialmente a Reichswehr segundo as limitacións impostas polo Tratado de Versalles (artigos do 159 ao 213).
A Reichswehr foi unha organización unificada composta das seguintes unidades, permitidas polo Tratado de Versalles:
O Mando Xeral 1 en Berlín supervisaba as divisións 1º (Königsberg), 2ª (Stettin), 3ª (Berlín) e 4ª (Dresden), así como as divisións 1ª e 2ª de cabalaría (Frankfurt an der Oder e Breslau). O Mando Xeral 2 en Kassel supervisaba as divisións de infantaría 5ª, 6ª e 7ª e a 3ª de cabalaría (Stuttgart, Münster, Múnic e Weimar).
A pesar das limitacións do seu tamaño, a súa análise da derrota na primeira guerra mundial, a investigación e o desenvolvemento, probas segredas no estranxeiro (en cooperación co Exército Vermello) e a planificación para tempos mellores continuaron. Ademais, aínda que estaba prohibido ter un Estado Maior, o exército continuou levando a cabo as súas funcións típicas baixo o nome camuflado de Truppenamt (oficina de tropas). Durante este tempo, moitos dos futuros líderes da Wehrmacht, como Heinz Guderian, formularon por vez primeira as ideas que se usarían con efectividade uns poucos anos despois.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.