Referendos sobre a bandeira de Nova Zelandia de 2015-2016
From Wikipedia, the free encyclopedia
No 2015 e 2016 realizaranse dous referendos sobre a bandeira de Nova Zelandia. O proceso de votación terá dúas etapas que determinarán se se troca a bandeira e, en caso afirmativo, a cal.[1]
A primeira votación tivo lugar entre o 20 de novembro e o 11 de decembro de 2015, e preguntou «Se a bandeira de Nova Zelandia cambia, que bandeira preferiría?».[2] O segundo referendo, que se realizará entre o 3 e o 24 de marzo de 2016, preguntará ós votantes se prefiren manter a bandeira actual ou a versión alternativa elixida na primeira fase.[3]
Os catro deseños coa folla de fento e o koru —un símbolo da arte maorí con forma de espiral— foron escollidos polo Comité de Estudo da Bandeira, mentres que a bandeira co chevrón —unha forma de «V» invertida— foi incluída por iniciativa popular logo de recoller 50 000 sinaturas por mor do desencanto coas opcións restantes.[4][5]