Referendo
voto popular para que a cidadanía opine dun tema / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un referendo é un procedemento xurídico polo que se somete a votación popular unha cuestión lexislativa, constitucional ou sobre calquera outra proposta para que o electorado se pronuncie sobre a súa aprobación ou o seu rexeitamento, é dicir a súa ratificación ou non. É o mecanismo de democracia directa por antonomasia.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/dd/La_Voz_de_Galicia_28_de_junio_de_1936.jpg/640px-La_Voz_de_Galicia_28_de_junio_de_1936.jpg)
Na Constitución española vixente recoñécense dous tipos de referendos, un de carácter consultivo atópase regulado no artigo 92, e outros vinculantes referidos a mudanzas constitucionais e aprobación de estatutos de autonomía. Algunhas definicións de "plebiscito" suxiren que é un tipo de voto para cambiar a constitución ou o goberno dun país.[1]