From Wikipedia, the free encyclopedia
Red Dragon é un filme estadounidense dirixido por Brett Ratner que se estreou no 2002. Precuela do filme O silencio dos cordeiros, baseada na novela Red Dragon de Thomas Harris.
Red Dragon | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Red Dragon |
Director | Brett Ratner |
Produtor | Dino De Laurentiis |
Guión | Ted Tally |
Baseado en | Red Dragon de Thomas Harris |
Intérpretes | Anthony Hopkins Edward Norton Ralph Fiennes Harvey Keitel Emily Watson Mary-Louise Parker Philip Seymour Hoffman |
Música | Danny Elfman |
Fotografía | Dante Spinotti |
Montaxe | Mark Helfrich |
Estudio | Metro-Goldwyn-Mayer Scott Free Productions |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 2002 |
Duración | 124 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense |
Orzamento | $78 000 000[1] |
Recadación | $209 196 298[1] |
Filme seguinte | O silencio dos cordeiros |
Na rede | |
O psiquiatra Hannibal Lecter (Anthony Hopkins) celebra unha cea na súa casa en Baltimore (Maryland). A continuación é visitado por Will Graham (Norton), un axente do FBI co que colaborou para facer o retrato psicolóxico dun asasino en serie que quitou partes comestibles dos corpos das súas vítimas, como o corazón, os riles, o fígado ou as fazulas, e Lecter axuda a Graham a chegar á conclusión de que o asasino pode ser un caníbal. Durante a visita, Graham descobre que Lecter foi o asasino. Lecter ataca a Graham apuñalándoo, a piques de destripalo, mais Graham resístese e lle dispara. Lecter é condenado a cadea perpetua nun centro para criminais enfermos, mentres que Graham, traumatizado pola experiencia, deixa o traballo.
Anos despois comeza a actuar outro asasino en serie, alcumado "Tooth Fairy" pola prensa. Mata familias escollidas aparentemente de forma aleatoria durante dúas lúas cheas consecutivas. Coa esperanza de deter o asasino antes da seguinte Lúa, o axente especial Jack Crawford (Keitel) pídelle axuda a Graham, que acepta para non cargar na conciencia coa morte doutra familia. Logo de visitar a escena do crime e falar con Crawford, decide ir consultar ao doutor Lecter.
"Tooth Fairy" é Francis Dolarhyde (Fiennes), un psicótico que ten un trastorno de personalidade múltiple, e mata por orde do "Gran Dragón Vermello". Está obsesionado cun cadro do pintor William Blake, The Great Red Dragon and the Woman Clothed in Sun, e pensa que cada vítima que "muda" o achega máis preto de "converterse" no Dragón. A súa patoloxía débese a numerosos abusos durante a infancia por parte da súa sádica avoa.
Freddy Lounds (Hoffman), un xornalista da prensa amarela que seguiu a Graham despois de que Lecter o apuñalase, perségueo agora para chegar a Tooth Fairy. Créase unha correspondencia secreta entre Lecter e Dolarhyde, e a muller de Graham (Parker) e o fillo común son protexidos despois de que Lecter lle dese a Tooth Fairy o enderezo do axente. Lecter, consciente de que os axentes do FBI dependen del, aumenta as súas esixencias: a cambio da súa axuda, pide unha cea de primeira clase na súa cela e recuperar os seus libros.
Coa esperanza de enganar a Tooth Fairy, Graham dálle unha entrevista falsa a Lounds, na cal di que o asasino é un homosexual impotente. Isto provoca a Dolarhyde, que secuestra a Lounds, o pega a unha antiga cadeira de rodas, fórzao a retractarse das acusacións, e despois o lanz rúa abaixo coa cadeira de rodas ardendo.
No seu trballo nun laboratorio fotográfico de St. Louis, Dolarhyde comeza unha relación con Reba McClane (Watson), unha compañeira de traballo cega, mais a súa personalidade-Dragón pídelle que a mate. El lévaa a casa, onde fan o amor. Dolarhyde logra deter a posesión por parte da personalidade do Dragón indo ao Brooklyn Museum e comendo o cadro orixinal de Blake.
Graham deduce que o asasino coñecía a disposición das casas das súas vítimas a partir de vídeos domésticos, aos que podía acceder porque traballaba nunha empresa de edición de imaxe.
Dolarhyde atopa a Reba con outro compañeiro de traballo, Ralph Mandy (Whaley), se ben realmente a ela non lle gusta. Furioso, Dolarhyde mata a Mandy, secuestra a Reba, lévaa á súa casa, e préndelle lume á mesma. Sentíndose incapaz de dispararlle a ela, Dolarhyde suicídase. Reba logra escapar xusto cando a policía chega e a casa estoupa.
Dolarhyde, que fora quen de representar a súa propia morte, aparece en casa de Graham en Florida. Alí colle como refén o fillo de Graham, ameazando con matalo cun anaco de vidro roto. Para calmar a situación, Graham berra ao fillo cos insultos que a avoa de Dolarhyde usara contra el. Sentindo unha súbita simpatía co neno, Dolarhyde ataca furioso a Graham mentres o neno escapa a un lugar seguro. Os dous homes teñen un tiroteo e quedan feridos, mais Molly, a esposa de Graham, finalmente acaba coa vida de Dolarhyde.
Finalmente, Graham recibe unha carta de Lecter.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.