Rebuild of Evangelion
tetraloxía de filmes de animación baseados na serie Neon Genesis Evangelion / From Wikipedia, the free encyclopedia
Rebuild of Evangelion, tamén coñecido no Xapón e en Amazon Prime Video como Evangelion: New Theatrical Edition (ヱヴァンゲリヲン新劇場版, Evangerion Shin Gekijōban?), é unha serie de filmes de animación que contan de novo a historia da serie de televisión animme Neon Genesis Evangelion, producida por Studio Khara. Hideaki Anno actuou como escritor e director xeral do proxecto, con Kazuya Tsurumaki e Masayuki como directores dos filmes. Yoshiyuki Sadamoto, Ikuto Yamashita e Shirō Sagisu volveron achegar os deseños de personaxes, deseños mecánicos e música, respectivamente.
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
É unha tetraloxía que emprega animación dixital, algo de animación 3D CG, e ofrece novas escenas, escenarios e personaxes, cunha conclusión completamente nova na cuarta e última película. Outra intención declarada da serie é que sexa máis accesible para os non seareiros do que o foron as series de televisión e os filmes orixinais.[1][2]