From Wikipedia, the free encyclopedia
Rebola (en bubi Rebola) é unha pequena cidade de Guinea Ecuatorial, na provincia de Bioko Norte, unha das dúas en que se divide administrativamente a illa de Bioko, da que é a súa capital.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Guinea Ecuatorial | |||
Region of Equatorial Guinea (en) | Região Insular (pt) | |||
Província da Guiné Equatorial (pt) | Bioko Norte | |||
Poboación | ||||
Poboación | 10.000 | |||
Situada a poucos quilómetros ao sueste da capital do estado, Malabo,[1] a unha altitude de 318 msnm,[2] segundo o censo de 2001, contaba cunba poboación duns 8 289 habitantes.[Cómpre referencia]
Rebola ten bastante popularidade entre a poboación ecuatoguineana debido ás vistas da localidade desde varios puntos dos seus arrededores. É unha localidade pequena, pero que destaca polo seu encanto particular. Unha parte de Rebola érguese sobre un pequeno outeiro, onde destacan as típicas casas ecuatoguineanas coas fachadas amarelas e os tellados de cores avermellados e marróns e, no cumio do outeiro hai unha igrexa, desde onde se pode ver toda a pequena cidade.
Segundo a clasificación climática de Köppen o seu clima é tropical (Am). A precipitación é de en torno a 2000-2300 mm en 110 días, aínda que no resto da illa supéranse os 3000 mm. Entre decembro e febreiro chove menos, e caen máis de 200 mm en maio-xuño e en setembro, cun máximo de 340 mm, e en outubro.
A temperatura oscila entre os 19 °C das mínimas medias en xaneiro e os 32 °C das máximas en febreiro, pero oscilan moi pouco ao longo do ano.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.