política galega, alcaldesa de Cenlle From Wikipedia, the free encyclopedia
Rebeca Sotelo Fernández nada en 1987, é unha empresaria vitivinícola e política galega, alcaldesa de Cenlle desde 2022.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1987 (36/37 anos) |
Alcaldesa de Cenlle | |
2022 – ← José Manuel Rodríguez Lamas | |
Actividade | |
Ocupación | política, empresaria |
Partido político | Partido Popular de Galicia |
En 2018 converteuse en propietaria da adega O Cotarelo, no Barral (Razamonde), onde traballa[1].
Concorreu nas listas electorais do PPdeG ás eleccións municipais de 2015 co número 8[2], e recuncou co número 4[3] na convocatoria de 2019, onde foi elixida concelleira. Logo da dimisión do alcalde Gabriel Alén para ir na candidatura do PPdeG ao Parlamento Galego, en marzo de 2020, pasou a ocupar a primeira tenza de alcaldía. En outubro de 2022 o novo alcalde Rodríguez Lamas dimitiu tamén, neste caso aducindo problemas persoais, e Sotelo foi elixida a nova alcaldesa e de paso presidenta da xestora do PP local[1]. Foi a primeira alcaldesa (muller)[3] de Cenlle.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.