From Wikipedia, the free encyclopedia
A realidade aumentada (RA) é unha forma de visión directa ou indirecta dun contorno físico do mundo real, cuxos elementos están aumentados (ou substituídos) por contidos xerados por computador, como son, vídeo, gráficos ou datos de GPS. É un tipo de Contorno Sintético (CS) e está estreitamente relacionado cun concepto máis xeral chamado realidade mediada, na cal a visión da realidade é modificada (posibelmente máis diminuída que aumentada) por un computador. Como resultado, as funcións da tecnoloxía reforzan a percepción actual da realidade.[1] Pola contra, a realidade virtual subtitúe o mundo real por un simulado.[2][3] O aumento é convencionalmente en tempo real e nun contexto semántico con elementos da contorna, como as puntuacións deportivas nun encontro televisado. Coa axuda da RA avanzada (por exemplo engadindo visión artificial e recoñecemento de obxectos) a información sobre o mundo real do usuario convértese en interactiva e dixitalmente manipulable. A información sobre a contorna e os seus obxectos é sobreposta ao mundo real. Esta información pode ser virtual[4][5][6][7][8] ou real, por exemplo a visión doutra información real ou medida como as ondas de radio electromagnéticas sobrepostas en liña exactamente no lugar onde realmente están no espazo.[9][10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.