O reactor de grafito X-10 do Laboratorio Nacional Oak Ridge en Oak Ridge, Tennessee, anteriormente coñecido como Clinton Pile e X-10 Pile, foi o segundo reactor nuclear artificial construído na historia tralo Chicago Pile-1 de Enrico Fermi, e o primeiro deseñado e construído para unha operación continua. Foi construído durante a segunda guerra mundial como parte do Proxecto Manhattan.
Reactor de grafito X-10 | |
---|---|
Tipo | reactor nuclear |
En | Condado de Roane |
País | Estados Unidos de América |
35°55′41″N 84°19′03″O | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mentres que o Chicago Pile-1 demostrou a viabilidade dos reactores nucleares, o obxectivo do Proxecto Manhattan de producir suficiente plutonio para o seu uso en bomas atómicas requiría reactores mil veces máis potentes, xunto a instalacións para separar quimicamente o plutonio producido nos reactores do uranio e outros produtos de fisión. Para isto os científicos do proxecto consideraron prudente un paso intermedio. O seguinte paso no seu proxecto para o plutonio, de nome en código X-10, foi a construción dunha instalación de traballo intermedio para desenvolver técnicas, procedementos e adestramentos. A peza central disto foi o reactor de grafito X-10, refrixerado por aire, usando grafito nuclear como moderador de neutróns e uranio natural puro en forma metálica como combustible.
DuPont comezou a construción da instalación de plutonio en Clinton Engineer Works en Oak Ridge o 2 de febreiro de 1943. O reactor acadou o seu punto crítico o 4 de novembro de 1943, e produciu o primeiro plutonio a comezos de 1944. Forneceu ó Laboratorio de Los Alamos coas primeiras cantidades significativas de plutonio. Os estudos destas mostras producidas foron de grande influencia para o deseño das bombas. O reactor e a planta de separación química forneceron unha experiencia de gran valor ós enxeñeiros, técnicos, operadores e oficiais de seguridade que se trasladarían posteriormente ás instalacións de Hanford Engineer Works. O reactor operou como unha planta de produción de plutonio ata xaneiro de 1945, cando pasou a utilizarse para actividades de investigación e para a produción de isótopos radioactivos para usos científicos, médicos, industriais e agriculturais. Pechouse en 1963 e foi designado Fito Histórico Nacional dos Estados Unidos en 1965.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reactor de grafito X-10 |
Bibliografía
- Fine, Lenore; Remington, Jesse A. (1972). The Corps of Engineers: Construction in the United States (PDF). Washington, D.C.: United States Army Center of Military History. OCLC 834187. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de febreiro de 2017. Consultado o 12 de decembro de 2017.
- Gerber, Michele (June 1996). Plutonium Production Story at the Hanford Site: Processes and Facilities History (PDF). Washington, D.C.: United States Department of Energy. OCLC 68435718. HC-MR-0521.
- Hewlett, Richard G.; Anderson, Oscar E. (1962). The New World, 1939–1946 (PDF). University Park, Pennsylvania: Pennsylvania State University Press. ISBN 0-520-07186-7. OCLC 637004643.
- Hoddeson, Lillian; Henriksen, Paul W.; Meade, Roger A.; Westfall, Catherine L. (1993). Critical Assembly: A Technical History of Los Alamos During the Oppenheimer Years, 1943–1945. New York: Cambridge University Press. ISBN 0-521-44132-3. OCLC 26764320.
- Jones, Vincent (1985). Manhattan: The Army and the Atomic Bomb (PDF). Washington, D.C.: United States Army Center of Military History. OCLC 10913875. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de outubro de 2014. Consultado o 12 de decembro de 2017.
- Snell, Arthur H.; Weinberg, Alvin M. (1964). "History and accomplishments of the Oak Ridge Graphite Reactor". Physics Today 17 (8): 32. Bibcode:1964PhT....17h..32S. ISSN 0031-9228. doi:10.1063/1.3051739.
- Weinberg, Alvin (1994). The First Nuclear Era: The Life and Times of a Technological Fixer. New York: AIP Press. ISBN 1-56396-358-2.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.